Lugo, 16 de xullo de 2021. A Deputación de Lugo renovou a colaboración coa Fundación Expomar para impulsar o sector náutico pesqueiro da Mariña e a comercialización dos produtos do mar, de gran valor para este territorio. O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, asinou este venres un convenio co presidente da fundación mariñá, Alfredo Llano, no que a Deputación achega 8.000 euros para apoiar actividades promocionais do sector da pesca como as feiras Expomar e Produart que desenvolve esta entidade, adaptándoas á situación sanitaria.
Tomé Roca destacou o papel que xoga Expomar “para o dinamismo da economía mariñá e do conxunto da provincia, ademais de ser un escaparate turístico que dá a coñecer a riqueza de recursos dos nosos concellos”.
Así mesmo, o Presidente subliñou que as dúas citas, Expomar e Produart, “teñen unha gran importancia para a comarca da Mariña e xeran novas oportunidades de negocio para o sector pesqueiro e do turismo náutico, actividades estratéxicas para o desenvolvemento económico da Mariña e da provincia de Lugo. A Deputación impulsa o sector primario con distintos convenios e, neste caso, apostamos pola pesca e a náutica, polos empresarios do mar e polos profesionais que traballan nel”.
As feiras Expomar e Produart están dirixidas a profesionais do mundo da pesca. O seu obxectivo é dar a coñecer as novidades tecnolóxicas do sector para incentivar e mellorar as condicións laborais. Estes eventos compleméntanse con xornadas técnicas e encontros empresariais onde se analizan os problemas da pesca a nivel nacional e internacional.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



