Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2021. O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron esta tarde en Santiago de Compostela nunha reunión do pleno do Observatorio da eólica mariña, o instrumento posto en marcha pola Xunta de Galicia o pasado mes de xuño para identificar oportunidades e analizar o impacto que suporía a instalación de parques eólicos mariños nas costas galegas, da man do sector industrial, o marítimo-pesqueiro e as entidades e organizacións vinculadas.
Así, o encontro de hoxe serviu para seguir fortalecendo o diálogo e a colaboración entre administracións e axentes implicados, a través da avaliación conxunta dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) –a súa consulta pública permanecerá aberta ata setembro– co obxectivo de que as propostas que a Xunta envíe ao Goberno sexan as que mellor representan a posición de Galicia. A Xunta, tal e como sinalou Francisco Conde, mantén a súa defensa de integrar obxectivos ecolóxicos, económicos e sociais á hora de desenvolver calquera proxecto vinculado coa eólica mariña.
Neste sentido, a conselleira do Mar destacou que calquera proxecto que se aprobe no mar debe ser compatible coas actividades marítimo-pesqueiras xa existentes e respectar a protección do medio ambiente e das costas galegas.
Rosa Quintana asegurou que a vontade do Executivo galego é apostar polo consenso e a transparencia con todos os actores do sector marítimo-pesqueiro para impulsar na medida do posible o desenvolvemento da Economía Azul e das actividades vencelladas co mar.
Así, o vicepresidente económico sinalou que o Observatorio vai contar cunha páxina web onde se recolla toda a súa actividade, unha ferramenta que sirve de exemplo da aposta de Galicia pola participación, o diálogo aberto e a transparencia para conseguir que o desenvolvemento da eólica mariña se faga desde o equilibrio, a compatibilidade e a sustentabilidade.
Grupos de traballo
O Observatorio está formado por representantes da Xunta (membros da Vicepresidencia segunda e das consellerías do Mar e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda); da industria –Asime– e do sector pesqueiro –tanto das confrarías como do Consello Galego de Pesca–.
Trala súa constitución o pasado 9 de xuño, establecéronse tres grupos de traballo: un para a planificación e normativa –centrado na análise dos POEM–; outro baseado na tecnoloxía e innovación; e un terceiro que se dedicará á área de impacto social.




















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



