A Fongradada, 3 de xullo de 2021. O Partido Popular de A Fonsagrada solicita o apoio do Concello para que este esixa á Deputación a mellora da estrada provincial LU-P-1901 que comunica este municipio con Navia de Suarna, co fin de que se garanta a seguridade dos usuarios desta vía de titularidade provincial.
Esta vía foi causa duramente moitos anos de disputas e anuncios electoralistas. Finalmente, despois de moitos anos de espera, a Deputación de Lugo arranxou o treito comprendido entre o punto quilométrico 0+000 ao 4+350. Este tramos, segundo advirte o voceiro José Regueiro, “aínda que necesario é insuficiente para mellorar as comunicacións cos veciños de diferentes parroquias, así como a nosa estrada principal dende A Fonsagrada ata Navia de Suarna”.
Dende o Grupo Municipal Popular solicitouse en diversas ocasións a continuación deste arranxo coas mesmas características nos seguintes quilómetros pendentes ata a localidade de Louxas. Debido á falta de mantemento, en certos tramos os usuarios desta vían corren un alto risco ao transitar por ela. “Son puntos concretos que fan que transitar por elas impliquen un grave risco para a seguridade, polo que, se precisa unha mellora integral da estrada a partir do último punto quilomético arranxado ata a localidade de Louxas”, explica Regueiro.
Gran Senda do Navia
Os populares tamén presentaron unha moción para que o goberno local se implique na Gran Senda do Navia; proxecto impulsado pola Deputación en 2018, conxuntamente co
Principado de Asturias, para que o Goberno de España executase o anteproxecto desta iniciativa que descorrería por sete concellos da provincia lucense (Negueira de Muñiz, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro) e por nove de Asturias (Allande, Boal, Coaña, Grandas, Ibias, Illano, Navia, Pesoz e Villayón).
Os promotores desta iniciativa pretendían que a citada senda fose declarada de “interés general” e formase parte da Red de Caminos Naturales. Esta senda conectaría cos tres variantes do Camiño de Santiago: Francés, Primitivo e Norte, ademais de co Camiño Natural da Cordilleira Cantábrica e co Sendeiro da Cornixa Atlántica.
No momento de levar a cabo os citados trámites, o goberno provincial destacou que a Deputación de Lugo, o Principado de Asturias e os 16 concellos interesados sumaban esforzos para xerar riqueza a través do turismo e do medio ambiente. Con esta iniciativa pretendíase poñer en valor os recursos cos que conta á ampla zona pola que decorrería a senda. Os promotores deste proxecto consideraban entón que se trataba dunha oportunidade económica. Dende o 2018, os concellos lucenses non tiveron coñecemento de cal foi a sorte corrida pola solicitude presentada ao Goberno, de aí que a proposta dos populares inclúa os seguintes puntos:
1) Instar ao Goberno de España a desbloquear a tramitación do anteproxecto da Gran Senda do Navia para a súa declaración de interese xeral e incluíla dentro da Red de Caminos Naturales.
2) O Pleno insta ao goberno provincial a cumprir os compromisos adquiridos con concellos e asociacións para crear a Gran Senda do Navia.

















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



