
Portrait of grey wolf in the forest
Viveiro, 19 de agosto de 2021. O Concello de Viveiro agradece a rápida resposta á súa solicitude de reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, co obxectivo de tratar a problemática do lobo no municipio. Deste modo, a conselleira mostrouse con vontade en programar unha reunión para abordar con detalle a situación. A xuntanza entre ambas administracións celebrarase o vindeiro 31 de agosto.
Esta semana, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, enviara unha carta á responsable de Medio Ambiente para explicar a complicada situación relacionada con este animal. Nos últimos tempos, a situación agravouse, aparecendo animais atacados polo lobo, como ovellas, cans ou vacas.
A situación afecta tanto ao municipio de Viveiro como a outros da provincia de Lugo. Ultimamente detectouse que, ademais de sucederse ataques no rural, estanse incrementado estas situación na zona urbana, con proximidade ás vivendas.
O Concello de Viveiro comparte a preocupación dos veciños, de aí que insistira en manter un encontro coa conselleira de Medio Ambiente. Dende o goberno local esperan que a reunión sexa produtiva para solventar esta situación o antes posible.
O executivo municipal recalca que con esta reunión buscan o apoio da Xunta de Galicia ao Concello de Viveiro e aos demais municipios afectados para iniciar os posibles acordos a nivel estatal de forma conxunta. O Concello de Viveiro espera a colaboración do goberno autonómico para avanzar neste tema, sobre o que xa informou ao Ministerio de Agricultura.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



