O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou este sábado 14-A a autorización que lle pediu a Consellería de Sanidade da Xunta para a vixencia da súa Orde de 13-A na que se obrigaba ás persoas usuarias do interior dos establecementos de hostalería nos concellos cualificados de risco alto e máximo a amosar, quer o certificado de vacinamento ou de ter padecido a doenza nos últimos 180 días, quer unha proba negativa de Covid-19 das 72 horas anteriores.
Esta Orde reproducía a emitida o 22 de xullo, vixente até o xoves 12-A, cando o propio TSXG constatou a súa falla de vixencia por non ter pedido previamente a Xunta a autorización prevista na Lei da xurisdición contencioso-administrativa para as medidas sanitarias que os Gobernos autonómicos coiden precisas e urxentes cando supoñan a limitación ou restrición de dereitos fundamentais e os seus destinatarios non estean identificados individualmente. Decisión ésta que constituiu un grave erro, para nada desculpábel, da Xunta pola evidencia de que esa caste de “pasaporte covid” conlevaba tanto a comunicación a terceiros de dados persoais de máxima protección (o feito de estar vacinado ou de padecer ou non a doenza xerada polo Covid-19) como un tratamento desigual aos usuarios. Que había restrición ou limitación de dereitos fundamentais era evidente e só a Xunta non o viu.
Mais complexa era a decisión de admitir ou non estas restricións dos dereitos fundamentais (nomeadamente o principio de non discriminación e o dereito á intimidade persoal), por ser ou non esas medidas de saúde pública precisas, proporcionadas e acaídas á súa finalidade. O propio Ministerio Fiscal considerou nun procedemento xudicial coetáneo que estas medidas estaban xustificadas. Mais varias das axencias e autoridades de protección de dados persoais do ámbito da UE dubidaron sobre a compatibilidade do “pasaporte Covid” co principio de non discriminación por i) non ser obrigatorio o vacinamento ii) existir colectivos que non poden vacinarse por razóns médicas ou doutra caste e iii) existir parte da poboación que aínda non lle foi ofrecido o vacinamento.
Nos vindeiros días coñeceremos os argumentos do TSXG, até de agora inéditos. Mais este proceso xudicial evidencia a necesidade de compatibilizarmos a eficacia e eficiencia das políticas sanitarias cos dereitos fundamentais e liberdades das persoas. Porque nin Galicia nin a Europa democrática en xeral poden loitar contra a Covid-19 ao xeito dos estados autoritarios ou totalitarios, ao xeito da China, Irán, Arabia Saudita ou dos Emiratos Árabes Unidos .



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



