Ribadeo, 24 de agosto de 2021. O programa Cultura nas Parroquias chegará este sábado, 28 de agosto, ás 21:30 horas á praza de Rinlo, onde se poderá gozar do concerto audiovisual Versión Fin.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, lembrou que “Cultura nas Parroquias arrincou o pasado 10 de agosto en Vilaframil coa actuación do cuarteto Illa Pancha e seguirá este sábado, día 28, en Rinlo co concerto audiovisual Versión Fin. En setembro teremos actividades o 19 en tres localizacións diferentes: na Escola de Vilaselán, no Teleclub de Santalla e no Circulo Habanero da Devesa; o 25 de setembro en Couxela á saída da misa; o 10 de outubro na Escola de Remourelle; o 21 de novembro nas Anzas; e a Cultura nas Parroquias tamén chegará a San Pedro de Arante e a Cedofeita, aínda que as datas están por determinar”.
A edil nacionalista explicou que “como este ano a maioría das parroquias non celebran as súas tradicionais festas, debido á situación sanitaria que seguimos a vivir, a Concellaría de Cultura decidiu investir os cartos que se ían destinar a subvencionar eses festexos a actividades de lecer e culturais nas propias parroquias. Eles foron elixindo datas e nós adaptamos as posibilidades que tiñamos a ese calendario”.
Otero Cabarcos subliñou que “desde o Concello queremos apoiar a cultura non só na vila senón tamén nas parroquias. Esta é unha aposta decidida desde sempre por parte deste equipo de goberno. Xa se fixo con programas como o de Músicas Comunais e a Escola de Música tamén se achegou ás parroquias ao longo destes anos”.
A concelleira de Cultura convida “a asistir a estas actividades dun xeito seguro, empregando máscaras e xel hidroalcohólico, tanto en espazos pechados como abertos. A cultura é segura e por iso a programación do Concello ten que seguir adiante”.


























Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



