Lourenzá, 27 de agosto de 2021. O Grupo Municipal do PP de Lourenzá pregúntalle á alcaldesa cal é o proxecto para os 2 millóns de euros que o Plan Xacobeo destinaba ao mosteiro de San Salvador. Os populares queren coñecer os detalles do proxecto, en que consistirá a intervención anunciada polo Ministerio de Turismo e que dende o goberno local sinalaron como “primeiro paso para a súa rehabilitación”. Así mesmo, interésanse por coñecer exactamente cal é o uso e os servizos previstos no proxecto e cal é o actual estado da súa tramitación. Advirten, neste sentido, que “se o goberno local non fai nada rápido, pódese perder a inversión anunciada”.
O voceiro popular, Javier Rodríguez Barrera, condena a “falta de transparencia da alcaldesa e do seu goberno sobre este asunto” e explica que “os veciños queren saber que tipo de intervención prevé realizar o goberno local no mosteiro coa axuda anunciada polo Ministerio”. Pola tanto, pídelle á alcaldesa que responda ás dúbidas dos veciños de Lourenzá: “formularemos unha pregunta para que o goberno local dea información e lle explique aos veciños a situación na que se atopa este proxecto de interese para todo o noso municipio”, matiza.
Rodríguez Barrera lembra que “o goberno municipal socialista non fixo nada para a conservación e posta en valor do noso mosteiro”. De feito, “foi a Xunta a que tivo en conta o noso mosteiro e introduciuno entre as propostas enviadas ao Goberno central para que o recollera neste plan”.
Reivindicación constante do PP laurentino
Barrera sinala que “dende o Partido Popular aplaudimos xa daquela que o noso mosteiro recibira unha importante axuda que agardamos contribúa á recuperación desta construción barroca que foi declarada Monumento histórico-artístico en 1974 e que, ademais, constitúe un sinal de identidade do noso pobo”.
“A rehabilitación do Mosteiro de San Salvador e o seu uso público é unha reivindicación constante do PP local coincidindo coa vontade da maioría dos laurentinos”, conclúe.
Previamente, o Grupo Municipal Popular lograra sacar adiante unha iniciativa no pleno para crear unha mesa de traballo integrada por representantes dos distintos grupos políticos e asociacións en representación dos veciños para facer seguimento das accións levadas a cabo dende o Concello ante o Bispado para cesión do Mosteiro de San Salvador e debater sobre o uso do inmoble.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



