Abadín, 3 de agosto de 2021. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz fíxose eco dunha denuncia veciñal sobre o mal funcionamento e o estado de abandono e mantemento da depuradora de Abadín.
Díaz lembra que dende o Grupo Socialista “xa requirimos ao Alcalde e o Goberno do PP o seu arranxo infinidade, pero unha vez mais responde coa calada e sen mover un só dedo para mellorar esta infraestrutura tan impórtanlle e necesaria na vila”, advertiu.
Ademais hai que remarcar que dende esta depuradora beben moitas parroquias, e inclusive hai troiteiros que pescan nesa mesma zona. “Pero ningunha destas situacións é nova para a veciñanza de Abadín xa que por culpa do pasotismo do Alcalde estamos pagando sancións sobre o estado das nosas dotacións municipais. O ano pasado o Concello pagou máis de 7.000 euros de multa polos vertidos do río debido ao mal funcionamento das depuradoras e as fosas sépticas en Abadín ou en Espiñarcao”, por citar a modo de exemplo.
“Esiximos unha vez ao máis ao Alcalde de Abadín e ao todo o seu Goberno que que traballen e que tome as medidas necesarias para mellorar a calidade de auga dos nosos rios co fin de conservar a nosa calidade medioambiental e os nosos ecosistemas. A depuradora ten que funcionar con tódalas garantías, e pola saúde de toda a veciñanza”, insistiu o Voceiro Socialista.



















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.


