Compostela, 28 de setembro, 2021. Ecoloxistas en Acción sinala que se ben a directora de Augas de Galicia ditou acordo de incoación do expediente sancionador contra Naturgy Wind, SL. polos incumprimentos do réxime de caudais ecolóxicos fixado para o Salto de Ponte Inferno, a hora de aplicar a sanción escudaronse nunha estimación infravalorada dos danos causados para fixar un importe irrisorio de 7.000€ como pena. A organización ecoloxista denuncia a arbitrariedade da estimación dos danos causados pola irresponsabilidade ecolóxica de Naturgy. Unha estimación que Augas de Galicia non sustenta con ningún informe. Para Ecoloxistas en Acción o delito ecolóxico cometido por Naturgy no río Verdugo debe ser tipificado como infracción grave segundo o Regulamento do dominio público hidráulico.
O Regulamento da planificación hidrolóxica, define o caudal ecolóxico como “o caudal que contribúe a alcanzar o bo estado ou bo potencial ecolóxico nos ríos ou nas augas de transición e mantén, como mínimo, a vida piscícola que de maneira natural habitaría ou puidese habitar no río, así como a súa vexetación de ribera”. A organización ecoloxista argumenta que segundo o regulamento para a cuantificación do dano causado, débese valorar ter que restaurar a zona degradada pola exposición das marxes a unha seca forzada pola falla de caudal, considerando unha franxa de vexetación de ribeira afectada a 1 metro de cada lado, e a instalación de trampas de grava cada 350 metros. Ademais apuntan que perda de auga de 1,71 Hm3 e o estreitamento do leito puideron poñer en risco especies de flora e fauna asociada a niveis de auga superiores, debendose estimar tamén o custe da recuperación das poboacións danadas e da restauración do río.
Ecoloxistas en Acción lamenta a debilidade da Xunta ante Naturgy. Despois de escoitar ao goberno galego anunciar sancións exemplares nos encoros competencia do estado central polos incumprimentos do caudal ecolóxico resulta que Augas de Galicia se achica contra Natrugy. Resaltan que non só se tipifico a falta como leve senon que ademais só se aplicou un terzo da pena máxima de 30.000€.
A organización ecoloxista lembra que ademais do sistemático incumprimento do caudal ecolóxico tanto líquido como sólido hai que ter en conta o agravante de que Naturgy leva case tres anos explotando ilicitamente o aproveitamento hidroeléctrico de Ponte Inferno cunha concesión caduca. Por iso denuncian que a multa debería ter sido exemplar e non dun importe irrisorio comparado cos millóns de euros que a empresa está extraendo desta explotación ilegal e coas prácticas irresponsables.
Ecoloxistas en Acción solicita sancións exemplares para acaba coas malas practicas do oligopolio hidroeléctrico e no caso concreto do aproveitamento hidroélectrico piden que se cumpra a lei e que se declare extinta a concesión sen isto exima a Naturgy da execución das melloras impostas pola Administración e ratificadas polo órgano xudicial tales comoa redución da altura da presa en 5 metros, implantación dun sistema que evite a introdución de peixes na canle de derivación, construción dun paso para peixes que funcione, e a falta de medidores de caudal no punto de toma e na entrada do paso para peixes, que impiden que se poida comprobar que o concesionario está respectando o caudal ecolóxico.
Indican que a extinción da concesión e a restauración do río e os seus ecosistemas está apoiada polos Concellos de Soutomaior e de Ponte Caldelas, a Cofradía de Pescadores de Arcade, e diversas Asociacións Ecoloxistas e Fundacións; ademais, no informe emitido polo Servizo de Planificación Hidrolóxica de Augas de Galicia, faise constar o mal estado da masa de auga, debido a que o aproveitamento modifica a dinámica fluvial do río e facilita a instalación de especies exóticas invasoras, propoñéndose unha serie de melloras que farían posible que a masa de auga pasase a unha situación de “moi bo estado”.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



