Ribadeo, 22 de setembro 2021. A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, acusa ao goberno local de “hipocresía política” por esixir aos veciños que cumpran a ordenanza municipal de medio ambiente cando el mesmo non a cumpre e pídelle “coherencia”.
A popular non entende “como se puede exigir a los ciudadanos que limpien sus fincas, que arreglen la situación de las casas abandonadas…; mientras el gobierno del BNG tiene todo manga por hombro”.
Sierra explica que “nos parece bien que todos cuidemos nuestro pueblo” e por iso cre que o goberno do BNG debe “dar ejemplo”. A popular pídelle, polo tanto, que “primero cumpla y luego exija”.
A vicevoceira do Grupo Municipal Popular sinala que as instalacións municipais de Vilaselán “se encuentran en un estado de abandono”. Así, enumera: “papeleras, canastas, porterías, señales… todo tirado por el suelo. Los escombros que se retiran de obras municipales quedan allí tirados de mala manera”, condena.
Sierra lamenta tamén a mala imaxe que supón que o entorno destas instalacións se atope “sin desbrozar y sin un diseño de aparcamiento para los vehículos municipales”.
O Grupo Municipal Popular considera que “el gobierno municipal es un mal ejemplo dado que no cumple con la ordenanza municipal de medio ambiente: abandona la limpieza de nuestro pueblo y también las instalaciones municipales”.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



