Lugo, 15 de setembro de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou xunto ao Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, os traballos de mellora que a institución provincial está acometendo na estrada LU-P-1106 con preto de 170.000€, no treito que conecta Castro de Rei con Campo do Oso pasando por Reigosa.
As obras afectan a uns 4 quilómetros da estrada, entre os puntos quilométricos 16,9 e 20,4. Xa están executados os labores de reapertura de cunetas e agora estase procedendo ao aglomerado en quente para realizar posteriormente a sinalización horizontal.
O mandatario provincial subliñou na visita, na que tamén participaron os deputados de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, a importancia destas obras. “Esta vía soporta un elevado volume de tráfico, pois é moi utilizada pola veciñanza para comunicarse con Mondoñedo e os concellos da costa. Ademais, soporta o tráfico que se dirixe a unha canteira situada no núcleo de Xemil, xustamente por onde transcorre a estrada”, indicou o Presidente.
A vía mantense cortada neste treito dende o inicio dos traballos para o correcto desenvolvemento das obras. A institución provincial mantén instalada unha sinalización informativa e habilitados desvíos, co obxectivo de que o corte afecte o mínimo posible aos usuarios e usuarias desta vía.
A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente, eido no que decidiu aumentar as partidas nun 14%, ata acadar os 16M€, no Orzamento deste ano. José Tomé subliña que con todas estas actuacións na rede viaria provincial, a máis extensa de España, con 4.200 quilómetros, e tres veces superior á da Xunta en Lugo, a Deputación de Lugo segue traballando “nun dos nosos principais obxectivos, como é a mellora das comunicacións viarias, necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial”.




















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



