Foz, 6 de outubro de 2021. O Centro de Día Aloumiños convoca o 2º Concurso Nenos e Maiores, que patrocinan AciaFozCCA e o Concello de Foz. O Certame foi presentado por José Ramón Rodríguez, coordinador de Aloumiños, Inés López Couto, concelleira de Cultura e José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA.
A organización establece dúas categorías. A individual, para rapazas e rapaces de 6 a 16 anos, que poderán presentar un debuxo ou un relato a elixir. A temática será E ti de pequeño… que facías?. Para obter esa resposta os participantes deberán facerlle esa pregunta a unha persoa maior da familia ou dos veciños e veciñas. E a especial para rapaces e rapazas de 6 a 16 anos xunto a unha persoa maior de 65 anos. O traballo a realizar, con temática libre, pode ser unha manualidade feita polos dous (nen@ e maior).
José Ramón Rodríguez lembrou que “el objetivo de este concurso es fomentar la relación intergeneracional entre niños y mayores, para que vean lo que les pueden aportar los abuelos, los tíos, los vecinos… o viceversa también lo que los niños les pueden aportar a los mayores”.
Haberá varios premios, pero o coordinador de Aloumiños, destaca un: “no por el valor del premio, sino porque tendrán que compartirlo niños y mayores. Será la merienda que ganarán los tres primeros de la categoría especial”.
Aloumiños, Concello de Foz de AciaFozCCAa animan “a todas as nenas e nenos de 6 a 16 anos de calquera vila da Mariña a participar no concurso”. O prazo de presentación de traballos remata o 5 de novembro. O 18 dese mes coñecerase o nome dos gañadores e o 27 será a entrega de premios na Casa da Cultura de Foz a partir das cinco da tarde.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, agradece “estas iniciativas nas que os nenos se achegan aos maiores e se fomentan relacións que coa pandemia se viron moi afectadas. Aprendemos todos os días dos nosos avós e avoas, veciñ@s e coñecid@s e pasar tempo con eles incrementa esa aprendizaxe, mellorando tamén a calidade de vida deles”.
A concelleira focense anima “aos nenos e nenas a participar no concurso e desfrutar moito do tempo que pasan cos maiores”.
Pola súa banda, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliñou que “nos parece moi interesante que se organicen concursos e outras actividades para fomentar a conversa e as relacións entre cativos e maiores. É moi importante escoitarse, quedarse coas lembranzas e coas vivencias de toda unha vida. É moi bo que os nenos escoiten aos maiores e que os maiores desfruten tamén dos nenos”.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



