Celebramos hoxe a Xornada Mundial do Traballo Decente. Tamén a nosa Igrexa diocesana únese a esta iniciativa a través de Cáritas e HOAC dentro da plataforma “Igrexa polo Traballo Decente”. Todos somos conscientes da importancia que a realidade do traballo xoga na nosa vida diaria. Este ocupa a maior parte do noso tempo e é un elemento fundamental que marca a inclusión social, o benestar económico, a realización persoal… Sabemos que a pobreza e a exclusión teñen moito que ver coa realidade laboral que se vive.
Desde a miña chegada a esta querida terra de Mondoñedo-Ferrol vou tendo conciencia da delicada situación que se vive en diferentes lugares por causas moi diversas. En certa maneira teño a percepción de que se está desmontando unha tradición fortemente industrial do noso territorio que era referente para o resto de España. Por iso, vivo con preocupación e moita proximidade os conflitos laborais da central térmica das Pontes, de Alcoa en Cervo e Xove, de Vestas en Viveiro, do desmantelamento de empresas nas Somozas. A iso únese a situación preocupante de Navantia en Ferrol (aínda no medio da esperanza que parece percibirse no horizonte), unido ao sufrimento de tantas compañías auxiliares que delas dependen, así como de tantos autónomos e pequenos negocios que viven unha realidade de dificultade provocada pola crise sanitaria. Detrás de cada posto de traballo que se elimina, non o esquezamos, hai un traballador e unha familia que afrontan o futuro con enorme incerteza e gran sufrimento. Por iso, quero estar moi preto de cada un, ofrecendo a solidariedade e a proximidade persoal e a de toda a nosa Igrexa. Todas estas noticias, certamente, non son boas para a nosa sociedade, para a nosa xente, para o noso futuro, para os nosos mozos… e tampouco o son para a nosa Igrexa.
Os nosos tempos son moi complexos. A globalización marca hoxe os ditados económicos dentro dun sistema tremendamente competitivo que o fai inhumano. A precarización laboral non fixo senón crecer. Por iso, sen dúbida, a gran cuestión hoxe é o traballo. Co papa Francisco temos que lembrar que “o verdadeiramente popular —porque promove o ben do pobo— é asegurar a todos a posibilidade de facer brotar as sementes que Deus puxo en cada un, as súas capacidades, a súa iniciativa, as súas forzas. Esa é a mellor axuda para un pobre, o mellor camiño cara a unha existencia digna. Por iso insisto en que axudar aos pobres con diñeiro debe ser sempre unha solución provisoria para resolver urxencias. O gran obxectivo debería ser sempre permitirlles unha vida digna a través do traballo” (FT 162).
Nese sentido, teñen especial importancia os poderes políticos nos diferentes ámbitos de decisión. O seu labor é fundamental para garantir un traballo digno para todas as persoas. Por iso, hoxe máis que nunca, temos que lembrarlles que “é imperiosa unha política económica activa orientada a promover unha economía que favoreza a diversidade produtiva e a creatividade empresarial, para que sexa posible acrecentar os postos de traballo en lugar de reducilos” (FT 168).
Igualmente, a actividade dos empresarios é fundamental. Deles depende, en moitas ocasións, o acceso a un traballo que permita o desenvolvemento pleno da persoa. A súa actividade é “unha nobre vocación orientada a producir riqueza e a mellorar o mundo para todos. As súas capacidades, que son un don de Deus, terían que orientarse claramente ao desenvolvemento das demais persoas e á superación da miseria, especialmente a través da creación de fontes de traballo diversificadas” (FT 123).
Tamén na xeración do traballo digno interveñen os diferentes axentes sociais, especialmente os sindicatos e os propios traballadores. A través da responsabilidade no propio posto de traballo e mediante a vivencia e promoción dos valores tradicionais do movemento obreiro, ése capaz de xerar unha cultura diferente que se abre á solidariedade, á humanización e ao desenvolvemento integral desde a dignidade de cada persoa.
Non podemos abdicar do soño de Deus que quere garantir terra, teito e traballo digno para todos. Neste empeño habemos de colaborar todos xuntos para facelo realidade. Traballemos xuntos para que isto sexa posible. A nosa Igrexa, que non é allea á loita pola xustiza, tamén estará presente.
Fernando García Cadiñanos
Bispo de Mondoñedo-Ferrol


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



