O Valadouro, 16 de outubro 2021. Despois do pleno celebrado o venres 1 de outubro no que o PP, a concelleira de Udival e a concelleira díscola do Psoe rexeitaran a proposta do tenente de alcalde do Bng Eduardo Chao de establecer un réxime de dedicacion exclusiva para a alcaldía.
Este xoves 14 de outubro, volveu haber sesión extraordinaria para tratar a mesma proposta pero desta vez presentada pola propia alcaldía. E agora si saíu adiante, o tándem formado polo PP e máis a concelleira do Psoe que se representa só a si mesma votaron a favor conxuntamente co equipo de goberno Psoe-Bng.
“Se a situación que se dera no pleno do 1 de outubro era esperpéntica, no pleno deste xoves ese tándem doblou o esperpento cos seus simples e cínicos argumentos, máis propios de persoas enrabietadas nunha pataleta ca de persoas que representan ao pobo do Valadouro, porque non é de recibo que voten en contra de propostas simplemente por que as presente o Bng” afirmou Eduardo Chao, quen recordou que tanto el coma o compañeiro Eliseo Teijeiro renunciaron tamén ás súas dedicacións parciais.
“Cando o Bng está no goberno municipal, parece que o PP perde os nervios”, afirmou Chao, que recordou que no seu día el mesmo votara a favor da dedicación exclusiva do actual portavoz do PP na oposición José Manuel Lamela cando daquela era alcalde aló polo 2011 e afirmou que “aquí se ve a nula coherencia do PP no Valadouro e do seu portavoz e a pouca seriedade da concelleira díscola que vota co PP”.
O BNG traballa sempre polo Valadouro, independentemente de ter ou non salario os seus concelleiros.
Os nacionalistas reafirman o seu compromiso co Valadouro e anuncian que o seu traballo van facelo igual sen percibir ningún tipo de salario desde o concello e afirman que son moitas as necesidades do Valadouro e moitos os proxectos que van poñer en marcha desde as súas áreas, e que para esa labor encóntranse con moitas forzas e moitas gañas de sacar as cousas adiante, porque eso é o que demanda a veciñanza.
Pídenlle ao PP que deixe de poñer obstáculos ao normal funcionamento do concello, “porque a quen perxudican non é ao Bng, senón ao conxunto dos veciños e veciñas que son testigos tamén ao longo dos últimos anos do nulo compromiso dese partido co concello do Valadouro, en casos tan significativos coma no do Polígono Industrial, donde nada moveron nin fixeron” asegurou Eliseo Teijeiro.
Retirarse con dignidade
E rematan pedíndolle tamén a José Manuel Lamela que se retire cun mínimo de dignidade e que deixe de facer de marioneta de certas “autoridades” do PP que intentan oscuras maniobras e que tampouco nunca nada fixeron polo Valadouro, e que agora lles molesta moito que o Bng estea no goberno municipal.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



