Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2021. O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) reclama máis protección social para os case seiscentos mil galegos e galegas que viven por baixo do limiar da pobreza. Nesta liña, a actuación máis urxente é a modificación da risga para facela compatible co ingreso mínimo vital, tarefa á que a Xunta se comprometeu, «pero na que leva xa máis dun ano de atraso», denuncia o sindicato. Ante a proximidade do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que se conmemora este domingo, CCOO fai público un estudo que analiza a dimensión deste fenómeno no noso país.
A secretaria de Emprego e Protección Social de CCOO, Maica Bouza, matiza que a análise e avaliación da pobreza «reviste unha gran complexidade» debido á disparidade de parámetros que se utilizan na súa medición. Mídanse como se midan, os niveis de pobreza «alcanzan cotas inaceptables», polo que é «imprescindible» aproveitar as etapas de crecemento económico para desenvolver políticas que combatan a pobreza laboral, a precariedade e a desigualdade.
Segundo a enquisa de condicións de vida do INE (con datos do 2019), case seiscentos mil galegos e galegas, o 22,1 % da poboación, viven por baixo do limiar da pobreza (9626 euros para unha persoa soa). Un dato máis actualizado (do 2020), o do número de fogares sen perceptores de ingresos, sitúaos nos 34 100, cifra onde xa se recolle parcialmente o impacto da pandemia, cun aumento de 6600 sobre o ano anterior.
Modificar a RISGA
Para Maica Bouza, neste «grave contexto» as redes de protección social «deben desempeñar un papel determinante», especialmente no que se refire ao sistema público de pensións e as rendas de inserción. As dúas primeiras van ligadas en maior medida á vida laboral e, como CCOO detalla neste estudo, a situación de pobreza conflúe con vidas laborais intermitentes e precarias.
Por esta razón, «a prestación que debería darlles cobertura aos galegos e galegas en situación de necesidade é a risga, que debe modificarse para facela compatible co ingreso mínimo vital e cubrir aquelas situacións onde este non chega». Así mesmo, o sindicato demanda máis flexibilidade nos requisitos, menos burocracia e, en consecuencia, máis orzamento. «Estes son pasos imprescindibles se queremos reducir a pobreza e a exclusión social en Galicia», sinala Bouza.
Emprego de calidade
Para CCOO, o chamado «escudo social» despregado para combater o impacto da covid, o ingreso mínimo vital e o incremento do salario mínimo, «deron bos resultados pero non abonda». Pide a implicación da Xunta e do Goberno central para darlle a volta a esta situación. En concreto, cambiar a normativa laboral para promover o emprego de calidade; reforzar as políticas activas de emprego; ampliar a protección por desemprego; mellorar os salarios; garantir unha vivenda digna; elevar o IPREM; desenvolver un sistema fiscal progresivo e xusto e consolidar o sistema público de pensións.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



