Madrid, 8 de outubro de 2021. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e o deputado no Parlamento da Galiza, Daniel Castro, acudiron á concentración diaria das traballadoras e traballadores de Vestas en Viveiro. Os deputados reclaman á Xunta de Galiza que exerza as súas competencias en materia industrial e non permita o fechamento da fábrica de aeroxeradores. Así mesmo, urxen a derrogación da Reforma Laboral que permite o despedimento dos 115 traballadores.
Após a concentración que as traballadoras e traballadores de Vestas manteñen de maneira diaria, unha delegación do BNG mantivo unha reunión co Comité de Empresa da fábrica. Ademais de Rego e Castro, a esta xuntanza acudiron a voceira do BNG no Concello de Viveiro, Miriam Bermudez, e a responsábel comarcal e alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida. A formación nacionalista anunciou unha ofensiva institucional “tanto no Parlamento da Galiza como no Congreso dos deputados para que as administracións actúen de maneira activa para evitar o fechamento da fábrica”.
“A Xunta de Galiza ten que actuar e deixar de pórse de perfil ante unha situación extrema como é a situación pola que atravesa a fábrica de Vestas” reivindican os deputados no Parlamento e no Congreso. Pola súa banda, Daniel Castro sinala que o principal obxectivo é parar o ERE da empresa e salvar os 115 postos de traballo e estabelece, a maiores, dúas accións para a reactivación da Mariña: “incidimos na creación dun plan de emprego e industrialización nesta comarca porque se está convertendo nun deserto industrial e demográfico” explica Castro.
Así mesmo, os deputados apostan por un Plan de desenvolvemento que asegure que todo aquel proxecto industrial, neste caso eólico, que se queira implantar “no noso País ten que garantir que os suministros e a súa produción teñan unha alta porcentaxe de traballo na Galiza”.
Pola súa banda, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, entende que non existe ningunha razón obxectiva para aceptar o ERE de todos os traballadores e traballadoras de Vestas. “Non é unha empresa que estea dando perdas e, ademais, paradóxicamente trátase dunha empresa que se dedica á fabricación de aeroxeradores que neste momento de transición enerxética e de promoción da enerxía eólica debera ter máis opcións de negocio”. A construción de compoñentes eólicas é polo tanto unha industria de futuro e que xera postos de traballo e riqueza na comarca, pero non se promove que se manteña aberta, en cambio, foméntase a instalación de parques que espolian os recursos sen deixar a cambio beneficios para a sociedade.
Rego demanda que as administracións públicas actúen para conseguir que se manteña a actividade e mediando ante a empresa para lograr que non feche. Esta decisión unilateral da empresa non podería darse se o Goberno do Estado tivera derrogado, dunha vez por todas, a Reforma Laboral “Ao non ser necesaria a autorización previa da autoridade laboral nos despedimentos colectivos, facilítase que as empresas podan tomar as súas decisión sen ter en conta, nin os intereses dos traballadores, nin as necesidades sociais ou industriais, limitándose, así mesmo, a capacidade de negociación dos traballadores”. Se se recuperase esa autorización “Vestas non podería proceder a ese despedimento colectivo posto que non tería xustificación obxectiva para facelo”.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



