Viveiro, 16 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro fai balance do programa “Viveiro Inclúe”, o proxecto co que o goberno local está a desenvolver para facer do municipio un lugar máis accesible para as persoas con diversidade funcional.
“Viveiro inclúe” naceu a raíz dun evento pioneiro como ‘Superarte’, a mostra de teatro feito por persoas con diversidade funcional. Esta mostra xurdiu en 2018 e este ano chega á súa terceira edición, despois de que en 2020 non puidera celebrarse por mor da pandemia da COVID-19. En 2018, o evento dedicouse á comunidade con cegueira mentres que en 2019 á xordeira. Neste 2021, dedicarase á comunidade con espectro autista, polo que dende o Concello de Viveiro xa se está a traballar coa Asociación Autismo Bata.
“A partir desta iniciativa xorde “Viveiro Inclúe” dentro do que se están a desenvolver diferentes accións dende distintas áreas, co obxectivo de que Viveiro sexa un municipio inclusivo para todo tipo de persoas e colectivos e accesible para aquelas persoas con diversidade funcional”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
Mochilas vibratorias, formación en lingua de signos e actividades coa infancia
Entre as iniciativas levadas a cabo cómpre destacar un dos proxectos que posicionan a Viveiro como un municipio pioneiro neste ámbito. Trátase da recente adquisición de cinco mochilas vibratorias Subpac, en colaboración coa Fundación “La Caixa” e Caixabank. Estas mochilas, presentadas en abril de 2021, permiten á comunidade xorda acceder á programación cultural municipal.
Este equipamento usouse no concerto de Guadi Galego, organizado polo Concello de Viveiro este verán, que tamén contou cunha intérprete de signos contratada por este concello, resultando un éxito.
O Concello de Viveiro tamén puxo en marcha recentemente un curso de Linguaxe de Signos dirixido a docentes e persoas relacionadas coa diversidade funcional en diferentes sectores educativos.
Ademais, a sensibilización sobre a linguaxe de signos impulsada polo Concello de Viveiro tamén chega á infancia. Neste sentido, cabe lembrar que o goberno local organizou recentemente un contacontos sobre a diversidade funcional, e en concreto sobre a xordeira.
No marco deste proxecto cómpre facer referencia, asemade, á colaboración solicitada ao Grupo Social Once en febreiro de 2021 para establecer unha canle de comunicación e cooperación con esa entidade, coa finalidade de recibir o seu apoio e asesoramento con respecto ao mesmo.
A raíz desa colaboración, o Concello de Viveiro púxose en contacto con diversas empresas especializadas coa intención de levar a cabo novas iniciativas neste ámbito.
Novos proxectos
Deste modo, ao longo deste ano o Concello realizou diferentes xestións ao respecto e conta xa con orzamentos remitidos por diversas empresas para traballar en accesibilidade. Entre estas opcións está o orzamento da Asociación Branque, coa que o concello traballará no curso 2021-2022, a través da creación dun grupo de participación xuvenil co fin de que sexan os propios rapaces os que trasladen á corporación municipal as súas opinións, necesidades e inquedanzas.
Cabe destacar, asemade, as xestións realizadas para a instalación de catro semáforos acústicos no municipio nos puntos de maior tránsito de peóns: Avenida de Cantarrana, Avenida de Ferrol (fronte ao establecemento Arenal) e Avenida de Galicia con Avenida de Cervantes (fronte ao peirao e próximos ao mercado de abastos), que se prevén incluír nos orzamentos de 2022.
Tamén se estableceron contactos e disponse do orzamento dunha empresa para a expansión de parques inclusivos no noso concello. Tamén se conta cos presupostos realizados para as auditorías de accesibilidade, tanto da web como da APP do Concello de Viveiro, co fin de incluír ambas auditorías nos orzamentos do ano 2022.
A estas iniciativas concretas cómpre engadir que en calquera obra realizada polo Concello de Viveiro sempre se intenta mellorar a accesibilidade. Neste sentido, pódense citar as actuacións realizadas no Conservatorio ou na Biblioteca, na Avenida de Cervantes ou na Avenida de Lodeiro. Ademais, neste eido cabe indicar que o Concello de Viveiro ten solicitada unha subvención para o desenvolvemento dun plan integral para a mellora da accesibilidade.
Cómpre indicar, finalmente, que o Concello de Viveiro leva moito tempo investindo en sensibilizar á poboación, xa que é o paso fundamental para que a xente sinta a necesidade de realizar pequenos cambios individuais. Uns cambios que facilitarán dar o paso en grandes proxectos.
O Concello de Viveiro recalca o seu compromiso neste sentido dende hai tempo. Neste sentido, recalcan que incluso antes de que moitos concellos da Mariña miraran cara a diversidade funcional, o Concello de Viveiro xa tiña dentro da súa programación cultural varias obras de teatro, contacontos e artistas que falaban da diversidade funcional con total liberdade. Recordan ademais que nese momento xa se lles daba voz e lugar dentro da programación ás persoas que facían teatro con diversidade funcional, para que tiveran o lugar que se merecían.
Nese sentido o Concello de Viveiro leva anos traballando, un esforzo do que xorde “Viveiro Inclúe”. Dende o goberno local recalcan que seguirán traballando nesa liña para mellorar a inclusión e accesibilidade das persoas con diversidade funcional. O Concello de Viveiro insiste en que moitas veces non son os grandes proxectos, senón os pequenos pasos que se van dando no día a día, os que fan que a diversidade funcional vaia adquirindo esa importancia e que a xente entenda que é vital para toda a sociedade.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



