Barreiros, 30 de novembro de 2021. O Concello de Barreiros vén de aprobar unha declaración institucional asinada por todas as forzas políticas de apoio ao sector leiteiro ante a situación que se está a vivir, e a que se prevé nos próximos meses, relativa ao prezo do leite.
No pleno celebrado na tarde de onte, a alcaldesa, Ana Ermida, deu lectura a unha declaración consensuada previamente con todos os grupos da corporación na que o Concello de Barreiros “traslada a súa solidariedade ás gandeiras e gandeiros do noso Concello que están atravesando unha situación complicada nas súas explotacións.
En dita declaración fan “un chamamento a todas as administracións a traballar dun xeito serio e responsable na busca de solucións e instrumentos para afrontar a situación: como a promoción por parte da Xunta de Galicia dun Foro de encontro, debate e negociación, arbitrado e moderado pola Consellaría do Medio Rural, onde estean representados todos os actores da cadea de produción e obtención do leite e derivados: produtores/as, cooperativas, industria e especialmente a distribución e o desenvolvemento por parte do Goberno do Estado da Lei da Cadea Alimentaria, dotando aos sectores produtivos dunha ferramenta obxectiva que fixe uns custes de produción de referencia vinculantes e obrigatorios.”
A alcaldesa explicou que “boa parte deste sector amosa unha dependencia perigosa dos insumos esóxenos que na volatilidade dos seus prezos, periodicamente, someten a duras probas a viabilidade destas explotacións. A esta volatilidade hai que sumar que, nestes tempos, a suba e abuso dos oligopolios das eléctricas e dos combustíbeis fan insostíbel a situación.”
Na propia declaración recóllese a importancia do sector como “estratéxico para o conxunto de Galicia e tamén no concello de Barreiros, onde as explotacións gandeiras veñen resistindo todas as dificultades que atravesan cun importante esforzo das mesmas e xerando un valor engadido innegable ao municipio, e que nestes momentos están vendo ameazada a súa viabilidade.”
Ana Ermida trasladou a disposición do Concello de Barreiros para acompañar ao sector nas súas demandas e manifestou que darán traslado do acordo á Xunta e Goberno central para a súa implicación na adopción de medidas que solucionen dun xeito decidido a situación que atravesa o sector lácteo.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



