Lugo, 10 de novembro de 2021. A presidenta provincial, Elena Candia, mantivo unha reunión coa presidenta da Anpa do CPI de Cervantes e da Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos de Lugo (Fapacel), Isabel Calvete, para escoitar as propostas e suxerencias do colectivo. A xuntanza enmárcase dentro dunha programación de encontros para continuar cunha “escoita activa” dos axentes que integran a sociedade lucense.
Candia puxo en valor “o papel das asociacións de nais e pais” e destacou, moi especialmente, “a importancia dos centros de ensino do noso rural, que están a formar dende as primeiras etapas aos nenos e nenas da maior parte do territorio lucense”. Nese sentido, tivo palabras de agradecemento para os profesionais da educación e todas as persoas que día a día coidan dos nosos nenos e nenas.
Unha das propostas da Fapacel foi “a necesidade dun estudo da educación nun entorno rural co fin de acadar unha mellora da calidade e para que sexa un referente do ensino no noso país e un valor a ter en conta á hora de ficar nel”. Nese sentido, Candia subliñou que “a calidade da educación no rural contribúe, indubidablemente, ao desenvolvemento da nosa provincia e á mellora da sociedade lucense do presente e do futuro”.
“Escoita activa”
A mandataria popular continúa así cos encontros periódicos que está a manter con representantes do tecido socioeconómico da provincia. “O Partido Popular da provincia de Lugo está ao pé dos lucenses coñecendo as súas necesidades para trasladalas ás distintas administracións nas que temos representación e tamén coñecendo as súas propostas para construír xuntos o futuro da nosa provincia e, polo tanto, o de tódolos lucenses”, concluíu Candia.
A presidenta continúa coa “escoita activa” tras manter recentemente un encontro coa vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo e tamén coa presidenta do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG). Así, outra das reunións previstas será con representantes dos peritos lucenses.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.