Lugo, 10 de decembro de 2021. A Deputación de Lugo está artellando os mecanismos necesarios para elaborar, negociar e aprobar o primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes co que contará a institución provincial. A voceira socialista do Goberno Provincial e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, anunciou que se trata dun instrumento de “modernización do sistema de xestión da Deputación que garanta unha estrutura interna e unhas relacións coa sociedade guiadas pola igualdade de xénero”.
Esta mesma mañá o Presidente, José Tomé Roca, convocou unha Xunta de Voceiros e Voceiras para manifestar a vontade por parte do Goberno de elaborar un Plan de Igualdade, unha proposta que recibiu o apoio unánime dos grupos políticos representados na Corporación.
Tras esta xuntanza, o vindeiro mércores constituirase a comisión encargada de impulsar e coordinar os traballos para sacar adiante o Plan de Igualdade, que estará formada por 8 persoas, entre representantes da institución, persoal técnico da Deputación e representantes das organizacións sindicais.
A institución provincial está, ao mesmo tempo, traballando nun estudo de diagnose da situación actual do organismo en materia de igualdade, que “servirá para detectar as medidas de mellora a incorporar no Plan, que, se non hai imprevistos, esperamos ter listo nos primeiros meses do vindeiro ano 2022”, apuntou a voceira socialista.
García Porto recordou que a Deputación busca “favorecer a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, utilizando para elo todas as ferramentas ao noso alcance. Así o recollemos precisamente no pacto de Goberno, e por iso aplicamos políticas de igualdade de maneira transversal en toda a nosa xestión”. “Ademais, por decisión do Presidente da Deputación, este mandato é o primeiro no que esta institución conta cunha área específica de Muller e Igualdade, dirixida pola Deputada María Loureiro”, sinalou. “Dentro deste compromiso constante”, engadiu, “agora daremos un paso máis, moi importante, sacando adiante o primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da Deputación de Lugo”.























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



