Ribadeo, 30 de decembro de 2021. Acisa Ribadeo fai un balance positivo do ano 2021, no que organizou máis de 40 actividades, colaborou en diversos eventos doutras entidades, obtivo un premio nacional de comercio, adheriuse a confederación española de cascos históricos e prevé pechar o ano coas contas saneadas.
Segundo explica o presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, “neste ano organizamos ou participamos en mais de 40 actividades ou iniciativas de dinamización comercial e hostaleira, algunhas tan novidosas como importantes como por exemplo a resinalizacion comercial e turística da vila ou a promoción do Camiño de Santiago. Colaboramos con diversas actividades de tipo deportivo, cultural… como o Torneo de Veteranos, coa SD Ribadeo, coa Media Maratón…, actividades que atraen potenciais clientes. Ademais foi o ano no que mais materiais gratuítos, 25.000 bolsas, puidemos entregar grazas os convenios do Concello de Ribadeo. E certo que non todo é bo, xa que a pandemia estanos pasando factura na cifra de asociados, que se mantén preto dos 160, pero que debido á crise económica e aos peches está a diminuír”.
Iriarte Quintana subliñou que “foi un ano moi intenso no que tamén fixemos grandes esforzos en asesoramentos e información, relativos aos cambios normativos derivados da Covid, así coma á información sobre axudas e subvencións”.
O presidente de Acisa dixo que “seguimos apostando pola entrega de materiais gratuítos aos nosos socios e socias, como un dos grandes beneficios de ser membro de Acisa, pouco a pouco aumentamos os presupostos para que durante todo o ano os socios teñan á súa disposición materiais que lles axudan a aforrar custes nas súas empresas, modernizamos a imaxe comercial e turística e dixitalizámola mediante os códigos QR-WEB, traballamos na posta en valor do Camiño de Santiago creando a nosa propia marca e fomos capaces de manter as actividades habituais”.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, indicou que “se falamos de cifras este ano 2021 manexamos un presuposto que no peche de contas roldará os 130.000 euros, que estimamos xerarían neste ano arredor de 6.000.000 euros, cantidade menor do previsto por mor da pandemia, pero dentro dos parámetros esperados. Repartíronse preto de 5.000 euros en vales de compra, xeramos unhas 900 publicacións en prensa, o noso perfil de Facebook segue medrando con mais de 1,5 millóns de visualizacións, e a nosa app ronda os 1.000 usuarios. Respecto ao número de socios, roldamos os 160, tras unha certa baixada dende comezo do ano, que ven dada polos peches, xubilacións e baixas de negocios que tiveron que reducir ao máximo os seus gastos para poder subsistir”.
E engadiu “neste ano 2021 houbo tres fitos que merecen especial mención, o xa coñecido áccesit dos premios nacionais de comercio interior, que premiaron o desenvolvemento e crecemento de Acisa nos últimos 5 anos, a adhesión á Confederación Nacional de Cascos Históricos, que nos pon na primeira división das asociacións de comerciantes, e que previsiblemente pecharemos o 2021 coas contas cun resultado positivo”.
A este respecto Iriarte sinalou “para esta xunta directiva é un orgullo poder dicir que tras anos de contención do gasto, de pasar o ano pasado de pandemia con 18.000 euros de déficit por mor da cancelación de cotas, na asemblea do ano que ven e mais que probable que poidamos presentar unhas contas completamente saneadas, algo que para nos é vital ante un ano de relevo na dirección de Acisa. Isto foi posible grazas ás boas decisións desta directiva, á colaboración e xenerosidade dos socios e á boa xestión realizada pola xerencia, segundo unha política de contención do gasto, e austeridade”.
Presidente e xerente insistiron en que “Ribadeo segue sendo referente comarcal tanto en Galicia coma en Asturias no comercio, na hostalaría e no turismo, e agora tamén a nivel nacional. Somos o mellor lugar onde se pode comprar, á vez que podes desfrutar da mellor gastronomía e tendo as mellores vistas. Poucos lugares poden ofrecer tanto coma nos. Dende Acisa seguiremos a traballar nos nosos obxectivos, que son facer medrar a Ribadeo e aos seus negocios, axudando a manter eses mais de 600 postos de traballo que xeran os nosos asociados e asociadas e esperando que de unha vez por todas esta pandemia remate e nos permita neste ano 2022 ter unha recuperación xusta e real”.
Dende Acisa, agradecen a os seus socios e socias a súa confianza, e ás administracións local, provincial e autonómica a súa colaboración, e deséxanlles a todos os veciños e visitantes unhas felices festas e un feliz e prospero ano 2022.




















O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



