Viveiro, 21 de decembro, 2021. No mes de maio de 2019, en plena campaña electoral para as eleccións municipais, o presidente da Xunta de Galicia, anunciaba o proxecto de mellora da estrada LU-540, estrada que comunica Viveiro coa autovía AG-64 en Cabreiros. As melloras previstas serían entre os kilometros 5 e 39,5 e consistirían na modificación do trazado nalgunha das curvas e na creación de 8 carrís de adiantamento. A previsión inicial era a de licitar o proxecto no ano 2019 e un ano despois proceder a licitar e adxudicar as obras, orzamentadas en 2,6 millóns de euros.
A piques de cumprirse os tres anos do citado anuncio e despois da aprobación dos orzamentos da Xunta para os anos 2020, 2021 e 2022, pasa o de sempre, moitas promesas e poucos feitos, unicamente se ten licitado e aprobado o proxecto, do comenzo das obras nada se sabe, parece ser que si falamos de infraestruturas os veciños e veciñas de Viveiro se lle pide unha vez mais un dogma de fe, crer sen ver.
Infraestruturas moi necesarias para Viveiro e toda a Mariña, que esta a vivir tempos de incerteza no sector industrial, motivada a crise das fabricas de Alcoa e Vestas, sendo as comunicacións por estrada unha das eivas fundamentais que nos condicionan e limitan a hora de poder optar a que novos proxectos industriais se asenten na nosa comarca.
Si temos en conta que a estrada LU-540 capta a practica totalidade do trafico de entrada e saída de Viveiro co resto de Galicia, agás a Mariña e Ortegal. O mesmo razoamento se pode facer si falamos de todo o trafico procedente ou con destino co resto do estado, agás o procedente da cornixa cantábrica, a actuación prevista pola Xunta, non colma a aspiración de Viveiro de contar cunha estrada acorde os tempos de hoxe, que mellore os tempos do desprazamento, minimice os riscos de seguridade e axude a dinamizar a economía de Viveiro e da Mariña Occidental. En Por Viveiro entendemos que Viveiro, concello de maior poboación da Mariña e terceiro de toda a provincia, despois de Lugo e Monforte, debería contar con unha VAC, vía de alta capacidade, que nos comunique coa autovía AG-64, VAC que enlazaría no noso concello coa futura VAC Costa Norte.
Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de POR VIVEIRO traslada a seguinte proposta de acordo para a súa aprobación en pleno:
1. Instar o goberno da Xunta de Galicia a activación das anunciadas e prometidas obras de mellora na LU-540.
2. Solicitar a Xunta de Galicia a realización dun estudio de viabilidade dun proxecto de VAC que comunique Viveiro e a autovía AG-64
3. Enviar este acordo a Mancomunidade de concellos da Mariña, para que valoren solicitar o goberno autonómico o cumprimento dos puntos 1 e 2.























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



