Ribadeo, 27 de decembro de 2021. Ribadeo ten unha incidencia de 50 casos de covid a 14 días. O alcalde, Fernando Suárez, amósase preocupado por estes datos, subliña que a hostalería está a actuar con compromiso e con dilixencia e que a cidadanía, en termos xerais, tamén o está a facer ben. O rexedor alude ás queixas da veciñanza e pide que a Xunta corrixa as demoras nos rastrexos e na realización das probas PCR “porque sen un bo sistema de control e localización, quizais se acaben tomando medidas inxustamente contundentes contra unha poboación que non está actuando mal”.
Suárez Barcia declarou que “temos preocupación polos datos que se están revelando no estado, en Galicia e na Mariña e desde logo que Ribadeo tampouco pode ser unha excepción. A día de hoxe os datos oficiais din que temos 50 casos a 14 días. Pero falando de Ribadeo tamén vemos varias cousas que compre ter en conta porque, por unha banda, vemos que a hostalería funciona ben, está a actuar con compromiso e dilixencia, pero preocupados loxicamente polo que a Xunta poida decretar”.
O alcalde ribadense dixo que “vemos tamén que a cidadanía en termos xerais, que poderíamos dicir unánimes, faino ben. Non é que o diga eu, calquera pode botar un ollo ás rúas cheas de xente e todas as persoas están coa máscara posta, tanto en interiores como en exteriores. Vemos tamén que a xente masivamente vacínase, aínda que algunhas persoas, non moitas, de xeito obtuso e totalmente errado, ao noso xuízo, non queren poñer a vacina e non se quere inmunizar co que isto supón para eles e para os que están ao seu redor”.
O rexedor indicou que “tamén estamos a ver, en numerosos casos, queixas polas enormes demoras nos sistemas de rastrexo e probas PCR. Sabemos de moitos casos de xente que se confina por precaución, por teren contactos estreitos con outras persoas positivas, e teñen que agardar durante días para que lles dean unha cita para facer a PCR, cita que ás veces chega con moita demora e outras seguen agardando aínda”.
Para Suárez Barcia “isto é algo que a Xunta debera corrixir e reforzar con contundencia porque sen un bo sistema de control e localización quizais se acaben tomando medidas inxustamente contundentes contra unha poboación que non está actuando nada mal”.



















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



