Lugo, 20 de xaneiro de 2022. O deputado de Deportes, Efrén Castro, e o delegado da Federación Galega de Atletismo en Lugo, José Manuel Peña, presentaron esta mañá a XII Copa Deputación de Atletismo, organizada pola Federación co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Trátase dunha competición articulada en catro xornadas na que participan atletas de todas as categorías.
O deputado de Deportes, Efrén Castro, sinalou que “desde a Vicepresidencia da Deputación mantemos o compromiso con esta proba, que é unha mostra do peso específico que ten o atletismo no deporte lucense, con atletas de distintas modalidades que destacaron e destacan internacionalmente e cun importante traballo coa base por parte dos clubs”
O delegado da Federación en Lugo, José Manuel Peña, agradeceu o apoio da institución provincial e sinalou que se trata de probas moi valoradas polos clubs que teñen unha oportunidade para que os atletas que van formando adquiran experiencia competitiva e poidan ir facendo as marcas para participar en campionatos galegos e estatais”.
A Copa Deputación de Atletismo reuniu na pasada edición, en 2021, arredor de 2.000 participantes, unha cifra que, desde a Federación, prevén ampliar este ano tendo en conta a mellora na evolución da situación sanitaria e a adaptación dos protocolos.
A primeira xornada, este sábado
A primeira xornada da XII Copa Deputación de Atletismo celebrarase este sábado no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, con probas ao aire libre, en xornad ade mañá, e en módulo cuberto, durante a tarde. Serán un total de catorce probas atléticas nas que tomarán parte uns 500 deportistas de clubs lucenses e do resto de Galiza
























O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



