A Mariña, 24 de febreiro, 2022. A Asociación de Persoas con Discapacidade A Mariña-COGAMI vén de iniciar o programa de actividades para o coidado da saúde que ten programado para este ano, a través do que pretende tratar as doenzas físicas, motoras e emocionais das persoas usuarias e proporcionarlles un benestar integral.
A primeira das actividades postas en marcha é a de Fisioterapia Acuática na que se utiliza unha técnica denominada Halliwick, ferramenta terapéutica que resulta ser das máis utilizadas nas terapias dirixidas a persoas con discapacidade física, con danos neurolóxicos e traumatolóxicos. As persoas profesionais expertas no Halliwick afirman que este método aporta beneficios de equilibrio, forza, control da postura e beneficios psicolóxicos, porque afianza as relacións sociais e as emocións.
A Mariña COGAMI iniciou a terapia acuática nas instalacións do spa que o hotel Fogar do Mariñeiro ten en Ribadeo e polo de agora acoden a esta actividade unha vez á semana 6 persoas dos concellos de Ribadeo e Barreiros repartidas en dúas quendas de tres persoas cada unha, sendo atendidas por dúas fisioterapeutas da clínica Fisio-CORPOS de Ribadeo. Esta actividade ten unha duración de 12 sesións, polo que rematará o mes de abril pero con posibilidade de poder retomala a finais de ano.
Para o mes de marzo está previsto iniciar outros programas de benestar integral dirixidos a persoas con discapacidade física, como fisioterapia, terapia ocupacional e terapias psicolóxicas. Todos estes desenvolveranse de maneira individual ou grupal, segundo as necesidades, e tanto poden realizarse en clínica como no domicilio.
As persoas que queiran reservar praza para calquera destas actividades que se van desenvolver durante este ano, poden contactar coa asociación A Mariña COGAMI no teléfono 982 130 289 / 664 494 092 ou enviar un correo a amarina@cogami.gal





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



