Lugo, 17 de febreiro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e á Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, entregou este xoves na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos a persoal funcionario con habilitación de carácter nacional da administración local os diplomas acreditativos da súa participación nas accións formativas que realizaron tras superar o concurso oposición que convocou a institución provincial para crear unhas bolsas de emprego deste tipo de profesionais para facilitar a provisión destes postos nos concellos da provincia ante a dificultade que están tendo para poder facelo.
Un total de nove persoas superaron o proceso selectivo e completaron a formación, que foi gratuíta e en formato on line, co que xa poden acceder aos postos de Secretaría-Intervención, Secretaría categoría de entrada e Intervención-Tesourería categoría de entrada nas entidades locais da provincia.
José Tomé sinalou que esta bolsa de emprego creouse “ante os problemas que están tendo moitos concellos da nosa provincia, sobre todo os de menor poboación, para contar con secretarios de entrada e secretarios interventores”. “En aras da cooperación coas entidades locais, decidimos convocar un proceso de selección de persoal interino para facilitar a provisión deste tipo de postos, que son tan importantes para o bo funcionamento da Administración e, polo tanto, para prestar un bo servizo público ós veciños e veciñas”, explicou o Presidente.
“Desta forma, conseguimos dous obxectivos: damos solución a un problema que teñen os concellos e, ao mesmo tempo, abrimos oportunidades laborais para persoal funcionario de habilitación nacional na Administración Local”, recordou o mandatario provincial.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



