Ribadeo, 11 de febreiro de 2022. Acisa valora de xeito positivo a volta á normalidade horaria da hostalería, que entrará en vigor a vindeira media noite. Os locais rexeranse a partires de agora polas súas licencias, ao igual que facían antes da pandemia.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, asegurou: “estamos satisfeitos de que se vaian eliminando pouco a pouco as restricións que aínda viña sufrindo a hostalería, o sector máis prexudicado desde hai dous por esta pandemia e polas medidas que se foron tomando en cada momento. Nós demandamos en moitas ocasións esta medida que acaba de adoptar agora a Xunta de Galicia e alégranos que algunhas asociacións de empresarios hostaleiros tamén se sumen ao que dixemos desde colectivos máis humildes, coma o noso”.
Iriarte Quintana agarda que “os hostaleiros se poidan esquecer pronto de ter que pedir o certificado covid á súa clientela, que tivo a súa función no seu momento para animar á vacinación, pero ao que agora xa non lle vemos ningún sentido. O único que fai é cargar dun traballo innecesario ao sector hostaleiro”.
Desde Acisa o seu presidente demanda que “se refaga canto antes o protocolo da hostalería segura e que se eliminen os niveis das cunchiñas, que seguen a ser un crebacabezas para o sector. Pensamos que cunha correcta ventilación e co emprego da mascarilla nos interiores sería mais que suficiente para garantir a seguridade do persoal hostaleiro e da súa clientela”.
Francisco Iriarte engade que “pouco a pouco chegaremos á normalidade anterior á pandemia. Xa queda menos. Coa responsabilidade de todos conseguirémolo”.
San Valentín
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, anima “a facer as compras de San Valentín no comercio local de Ribadeo e a saír a celebralo na nosa hostalería. Sabemos que hai propostas e opcións para todos os gustos”. Namórate do Comercio de Ribadeo é a campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para celebrar o Día de San Valentín. Acisa Ribadeo sorteará o vindeiro luns, 14 de febreiro, 3 experiencias que constan cada una de elas de dous días de desconexión (1 noite mais almorzo) para dúas persoas a escoller entre 2800 estancias nacionais. As persoas que estes días fagan as súas compras no comercio ribadense asociado recibirán papeletas para participar no devandito sorteo.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



