Madrid, 3 de febreiro de 2021. Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, cualifica a votación sobre a convalidación do Real Decreto-lei da Reforma Laboral como a confirmación dunha “fraude” por incumprir as promesas e comproimisos de “derrogar a Reforma do PP de 2012”. Denuncia a falta de diálogo dos partidos do Goberno e o furto que significa “non permitir que a cámara debata e modifique o texto lexislativo”. O deputado nacionalista reivindica o papel da súa formación na loita por recuperar e blindar dereitos para a clase traballadora e avanza o rexistro dunha Proposición de Lei para derrogar de maneira íntegra a Reforma Laboral.
Durante a súa intervención, Rego criticou o feito de que hoxe se aprobe unha medida que non responde ao que ambas as formacións que compoñen o Goberno prometeran e mesmo acordaron con outras organizacións políticas- como no Acordo de Investidura co BNG-, derrogar a Reforma Laboral de 2012. “Que hoxe se aprobe coa dereita ultra-liberal – Ciudadanos e Navarra Suma- é a mellor imaxe que confirma que non se derroga a Reforma Laboral” explica Rego mentres sinala que o texto tamén conta co apoio da CEOE, a FAES, o Banco Santander e mesmo referentes do propio Partido Popular.
O deputado nacionalista cualifica como a confirmación dunha “fraude” a votación da Reforma Laboral, por manter os aspectos máis lesivos da Reforma aprobada polo Partido Popular en 2012. “Non tocan as facilidades e o abaratamento do despedimento, a autorización administrativa previa para os ERE, os salarios de tramitación, a prevalencia dos convenios de empresa, que poden empeorar os de sector, excepto nos salarios, a prevalencia dos convenios estatais, a posibilidade de “descolgues” dos convenios, a facultade das empresas para as modificaciones das condicións de traballo e a mobilidade xeográfica colectiva ou a distribución irregular da xornada, até 10%, por exemplo.” enumera o deputado do BNG.
“Terá que explicar vostede, señora Ministra, por que existindo unha maioría parlamentaria suficiente deciden ceder aos ditados da Unión Europea e contentar os intereses dos empresarios no canto de cumprir coa clase traballadora” subliña Rego durante a intervención. “Terán que explicar por que non quixeron recuperar a indemnización de 45 días por ano nos despedimentos improcedentes, por exemplo”.
Aliás, Rego defende a coherencia da organización soberanista “firme na defensa dos intereses da clase traballadora galega. O BNG vota en contra para forzar este Goberno a negociar unha proposta que realmente permita avanzar en dereitos”.
Nesa liña, Rego anunciou que o BNG impulsará unha Proposición de Lei que recupere os dereitos para a clase traballadora. Para iso, comprométese a procurar a concorrencia de todas as forzas da esquerda e soberanistas que votaron en contra desta convalidación “por considerala insuficiente e unha fraude” frente as promesas previas do executivo.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



