Durante esta semana os estudantes do CEIP San Cosme de Barreiros modifican o seu vestiario en función dos “Mandatos do Meco”. Cada día introducen algunha novidade. Se o luns levaban o pelo de cores e o martes un zapato de cada tipo, hoxe foron ás aulas en pixama. O que si teñen previsto é o que pasará o venres, día en que celebrarán ao grande o Entroido, cun disfrace elaborado por eles e o profesorado. Está moi vinculado á arte e á historia de España do século XVII. Por agora é unha sorpresa…
O Ceip San Cosme prepara unha festa de Entroido este venres mentres obedece aos Mandatos do Meco

O Ceip San Cosme prepara unha festa de Entroido este venres mentres obedece aos Mandatos do Meco
Relacionado
-
O xurado do LI Certame Literario do Concello de Vilalba vén de facer público o seu ditame, proclamando como gañadora a obra Nakba, presentada baixo o lema “Coma quen lambe a ferida” e cuxa autora é Patricia Torrado Queiruga
-
Coches e motos antigas daranse cita este sábado na praia de Coto de Barreiros na VII Concentración de Retroclásicos
-
O PP de Barreiros denuncia que a praia de San Bartolo segue pechada por quinto ano consecutivo