Viveiro, 16 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro celebra o éxito da proxección da película “Valentina” no día de onte, con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Síndrome de Down, celebrado o pasado luns, 21 de marzo.
A iniciativa, organizada a través das concellerías de Cultura e Educación, reuniu durante as proxeccións da mañá a máis de 300 alumnos e alumnas dos centros educativos de Viveiro. Concretamente, asistiu o alumnado de sexto de educación infantil e de primeiro de primaria
“A proxección deste filme forma parte dun proxecto moito máis amplo, como é o “Viveiro Inclúe”, unha iniciativa de inclusión pioneira na comarca e coa que impulsamos programas de fomento da inclusión no municipio”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
A cita, celebrada no teatro Pastor Díaz de Viveiro, contou coa participación de usuarios e usuarias de ASPANANE, quen foron os encargados de presentar a proxección, falando a título persoal do que significa a diversidade funcional.
A acollida da película por parte dos nenos e nenas foi moi satisfactoria, prestando atención e recibindo a mensaxe que transmite a película. Pola tarde, a proxección abriuse ao público xeral, quen tamén puido recibir a mensaxe tan clara e directa que proxecta o filme sobre as persoas con síndrome de down.
A película Valentina logrou o premio Goya 2022 a mellor película de animación, ademais de estar dirixida pola directora galega Chelo Loureiro. O filme está protagonizado por unha nena con síndrome de down, visibilizando a vida destas persoas e facendo fincapé na importancia da inclusión.
O Concello de Viveiro agradece a implicación dos centros educativos do municipio nesta iniciativa, concretamente ao profesorado e ao alumno que gozou do filme, así como á cidadanía que se achegou na sesión da tarde.
“Dende o Concello de Viveiro continuaremos na loita por unha sociedade máis igualitaria e inclusiva con iniciativas como esta que, por medio da educación, sensibilizan e conciencian sobre a síndrome de down”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



