Madrid, 1 de marzo de 2022. A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá en Madrid na reunión da comisión de seguimento de Alcoa, na que volveu ofrecer a máxima colaboración por parte da Xunta de Galicia, lembrando ao mesmo tempo que a solución final terá que vir acompañada dun compromiso claro da empresa -avanzando nos investimentos na fábrica da Mariña de Lugo- e do Goberno central -adoptando as medidas necesarias para que a compañía poida contar cunha tarifa eléctrica que lle dea seguridade e lle permita ser competitiva, e máis nas condicións actuais de alza de prezos-.
Desde Galicia laméntase que en España non se poida producir aluminio primario pola falta de implicación do Executivo central. De aí a necesidade de que poña sobre a mesa medidas para conseguir un prezo da enerxía tanto para Alcoa como para o resto da industria hiperelectrointensiva co que poidan -no que atinxe a esta cuestión en concreto- competir en igualdade de condicións co resto de países europeos, como é o caso de Francia ou Alemaña.
Desde o Goberno galego tamén se solicitou a Alcoa que cumpra cos investimentos comprometidos para achegar certeza e estabilidade aos empregados, á industria auxiliar e á Mariña de Lugo.
Paula Uría, que defendeu que a Administración galega seguirá como ata agora ao lado dos traballadores, volveu tender a man da Xunta de Galicia e reiterou o compromiso de ofrecer a máxima cooperación para reactivar as cubas canto antes.
Neste sentido, introducirase un artigo na Lei de áreas empresariais para que teñan prioridade na tramitación administrativa aqueles proxectos eólicos que se desenvolvan na Comunidade e que -sempre que cumpran co resto de directrices vixentes na lexislación- destinen o 50% da enerxía que produzan á industria a través de contratos de prezo fixo da enerxía.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



