Os alumnos máis pequenos do centro aprenden estes días detalles sobre a cultura e civilización Inca e tamén, de forma práctica, sobre a súa gastronomía elaborando un saboroso e saudable petisco de sobremesa. O programa Escolar de Consumo de Froitas está impulsado pola Consellería de Educación. Consiste no reparto polos centros educativos de froita, hortalizas e leite para fomentar os hábitos alimenticios saudables desde idades temperás. Está canalizado polo FOGGA (Fondo de Garantía Agraria) e conta co financiamento da Unión Europea.
O alumnado de Infantil do CEIP San Cosme de Barreiros elaborou macedonia inca coa froita repartida pola Xunta no marco do “Programa Escolar de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite”
O alumnado de Infantil do CEIP San Cosme de Barreiros elaborou macedonia inca coa froita repartida pola Xunta no marco do “Programa Escolar de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite”
Relacionado
-
VII Alumeado do Nadal de Vilaronte
-
O Concello de Cariño foi unha das institucións que formaron parte o pasado domingo, 1 de decembro, do II Foro dos Vivos, unha iniciativa organizada pola Asociación Veciñal de Porto de Cabo e o proxecto de Eufundevivo en Porto de Cabo (Valdoviño)
-
O deputado Daniel García visitou as instalacións do Club de Remo de Ribadeo, que ampliou o seu equipamento coa compra dunha nova embarcación coa colaboración da área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación