Lugo, 26 de marzo de 2022. O Grupo Socialista na Deputación de Lugo defenderá no vindeiro Pleno ordinario, que terá lugar o martes día 29 de marzo, unha moción para reclamar á Xunta un plan para que os concellos pequenos poidan desenvolver a rede de telefonía móbil.
Concretamente a través desta proposta demandan ao Goberno Autonómico “asumir o custo de levar a acometida eléctrica ás torres de telefonía móbil nos concellos do rural ou ben desenvolver un plan de axudas específicas para evitar o sobrecusto que estes traballos supoñen para as arcas dos pequenos concellos da provincia de Lugo”.
Na iniciativa rexistrada, o PSdeG insta á Xunta de Galicia “a que cumpra os obxectivos fixados na Lei 3/2013 de Impulso e Ordenación das Infraestruturas de Telecomunicacións de Galicia, e especialmente os relativos ao desenvolvemento de infraestruturas de telecomunicación, garantía de acceso para particulares e empresas, e eliminación da fenda dixital no rural”.
Hai que lembrar que a Xunta presentou un plan de mellora de telefonía rural para o período 2022/2023 como unha acción ambiciosa que pretende mellorar o servizo de telefonía móbil en 290 entidades de poboación, mellorando a cobertura que reciben 7.000 habitantes de 65 concellos galegos. Pola contra, aseguran os socialistas, “despois de ler estes grandes titulares, comprobamos que a realidade do investimento previsto revela a cativa aposta da Xunta pola dixitalización do rural galego e lucense”.
Só 15.000 euros para a cobertura de cada núcleo
Así as cousas e segundo os datos publicados, “o investimento total desta acción apenas acada os 4,3 millóns de euros, 3,7 deles procedentes de fondos públicos. Ou o que é o mesmo, a Xunta vai dedicar só 15.000 euros á cobertura telefónica de cada núcleo de poboación”.
A Xunta convida e os concellos pagan
Polo tanto, “as contas da Xunta evidencian unha vez máis que a administración autonómica é quen convida a este proxecto, pero a quen lle toca pagar é ós concellos, coas súas limitacións orzamentarias. Porque serán os concellos os encargados de atopar as parcelas para instalar as torres de telefonía; serán os concellos os encargados de poñer as parcelas á disposición da Xunta, cos seus correspondentes accesos; e serán os concellos os que teñan que sufragar os gastos de levar a acometida eléctrica a cada unha das torres”.
Entre 60.000 e 90.000 euros por cada torre
Tendo en conta que as torres poden estar asentadas en parcelas de titularidade privada, o custo total de cada torre, para os concellos, pode rondar entre os 60.000 e os 90.000 euros. Como se ve, a Xunta, non só incumpre os obxectivos fixados pola súa propia Lei 3/2013 de Impulso e Ordenación das Infraestruturas de Telecomunicacións de Galicia, “senón que pretende botar sobre as arcas municipais a meirande parte do investimento necesario para impulsar a telefonía no rural lucense”, critican os socialistas.
Por todo isto, “o Grupo Provincial Socialista reitera o seu compromiso coa dotación de servizos básicos para o conxunto da poboación e coa necesidade de contar cunha rede de telefonía móbil e datos de calidade que dea servizo ó conxunto do territorio da provincia”, remarcan.


















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



