Burela, 21 de abril, 2022. Do 22 ao 24 de abril, en Burela, celébrase o “11º Taller de Nutrición en pacientes con enfermidade renal crónica (ERC)” que como cada ano organiza a Unidade de Nefroloxía e Hemodiálisis do Hospital Público dá Mariña en unión co Grupo de Nutrición en ERC da Sociedade Española de Nefroloxía e a Sociedade Española de Nutrición, onde participan destacados profesionais da medicina española e internacional e nutricionistas especializados en ERC.
Os Talleres de Nutrición están dirixidos a Nefrólogos, Nutricionistas e Enfermería de Unidades ERCA e, tras 10 anos, consolidáronse como unha cita imprescindible para actualizar e compartir coñecementos sobre a enfermidade renal crónica. Entre os participantes cabe sinalar entre outros a:
. Dra. María Luisa González Casaus, Hospital Universitario La Paz. Madrid
. Dr. Emilio González Parra, Fundación Jiménez Díaz. Madrid
. Dr. Pablo Ureña Torres, Clinique du Landy. Paris, Francia
. Dr. Aleix Cases Amenós, Hospital Clinic de Barcelona
. Dra. Mª Ángeles Romero Rodríguez, Catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos. Facultae de Ciencias da USC
. Dña. Gloria González Lázaro, Nutricionista H.U. La Princesa. Madrid
O Comité Organizador, dirixido polo Dr. Secundino Cigarrán Guldrís, deseñou un programa amplo de actividades teóricas e prácticas baixo o lema: “Sociedade actual, microbiótica e enfermidade renal”.
O “11º Taller de Nutrición en pacientes ERC”, terá 3 sedes:
. Armadores de Burela (ABSA), venres 22 de abril
. Hotel Ego, sábado e domingo
. Escola de Hostalería de Foz, domingo






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.


