Chantada, 13 de maio de 2022. O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, participou esta mañá en Chantada nun encontro con alcaldes das comarcas de Chantada, A Ulloa e Lugo (Carballedo, Chantada, Taboada, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín, Friol e Guntín), onde destacou a pegada industrial que suporá a fábrica de fibras téxtiles. Neste sentido, explicou que a previsión é que máis do 65% dos provedores sexan pemes, un dato relevante nun sector como o forestal-madeira tendo en conta que 9 de cada 10 concellos galegos teñen empresas da industria da transformación da madeira.
Conde subliñou que a magnitude do proxecto, que ademais vincula dous sectores estratéxicos para Galicia como o forestal e o téxtil, permitirá que o seu radio de acción chegue a toda a provincia de Lugo e a toda a Comunidade exercendo un efecto tractor e transformador na economía e infraestruturas locais. Por iso, asegurou que maximizará o impacto social, coa creación de 2500 postos de traballo entre directos e indirectos, incrementará tanto a demanda de materia prima como da industria loxística e permitirá a implantación de novas empresas.
Neste sentido, tal e como anunciou, a Xunta acordou cos concellos máis directamente afectados o inicio dunha colaboración para identificar e anticiparse ás necesidades que a implantación deste proxecto vai xerar en eidos como o urbanístico, os servizos, os investimentos necesarios ou a formación.
O vicepresidente económico en funcións explicou que vai ser fundamental ter finalizadas infraestruturas tan necesarias como a autovía Lugo-Santiago (A-54), polo que se agarda que a planta actúe como revulsivo para adquirir un maior compromiso por parte do Goberno. Ademais é necesario que o Executivo central asuma o seu compromiso con este proxecto a través dos fondos europeos Next Generation.




















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



