Burela, 5 de maio de 2022. Continúan as Xornadas de nutrición e saúde mental “Mens sana in corpore sano” da Fundación Expomar, nesta ocasión coa degustación gastronómica do bonito do norte na Unidade Residencial da Asociación de Saúde Mental da Mariña en Cervo e no Centro de día da Fundación eu Son de Burela.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, desprazouse este mediodía ata Cervo para acompañar ao persoal e aos usuarios do centro da Asociación de Saúde Mental da Mariña na degustación deste exquisito produto, xunto coa directora xerente, María José Novoa, e o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González López (Brais).
Nesta iniciativa que forma parte das actividades integradas nas Xornadas de nutrición e saúde mental, financiadas polo Galp Mariña-Ortegal, as persoas do centro celebraron o xantar arredor dun produto emblema de Burela, como é o bonito do norte, cunhas calidades gastronómicas recoñecidas en todo o mundo.
O rexedor acompañou ao residentes no xantar, subliñando “esta oportunidade de degustar un produto ben coñecido por todos nós, un manxar que ademais prepararon cunha receita inmellorable”, agradecendo a boa acollida e atención “como sempre que vimos ata aquí”. Nesta liña, fixo fincapé nos “beneficios que ten o peixe natural para a saúde, tanto mental como física, nocións que vimos de tratar na conferencia celebrada a semana pasada dentro destas xornadas con expertos de primeiro nivel”.
Na degustación, puideron probar dúas combinacións distintas, o bonito de Burela en rollo con patacas, e a ventresca de bonito de Burela con tomate e aguacate.
O xoves da vindeira semana volverá a repetirse a degustación, neste caso co polbo da mariña, na derradeira actividade das xornadas “Mens Sana in corpore sano”, que clausurará no Centro de día da Fundación Eu Son a concelleira de Mar, Carmela López.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



