O BNG propón que a Consellería de Medio Rural execute as obras de acondicionamento pendentes
Mondoñedo, 19 de maio do 2022. A Consellería do Medio Rural anunciou a pasada semana que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural aprobara a firmeza do acordo da zona de concentración parcelaria de Mondoñedo Norte que afecta as parroquias de Vilamor, Masma e Couboeira e segundo esta consellería agora só queda pendente de aprobar a acta de reorganización, o que suporá o remate administrativo deste proceso que quedará finalmente rematado coa entrega dos títulos de propiedade.
O concelleiro do BNG en Mondoñedo, Eloi Cabanas, acompañou aos parlamentarios nacionalistas Daniel Castro e X. Luís Rivas “Mini” por distintas zonas da concentración parcelaria para comprobar as eivas que presenta e anuncian actuacións no Parlamento para que as Actas de Reorganización da Propiedade non se entreguen mentres as actuacións de acondicionamento e mellora das novas parcelas non estean rematadas. “Fincas sen acondicionar, sen entrada e estradas vellas asfaltadas dentro das novas fincas de substitución son exemplos da precariedade con que a consellería do medio rural pretende entregar os títulos de propiedade de varias parcelas.”
Eloi Cabanas apunta que o artigo 60 da Lei 4/ 2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia indica que, “unha vez aprobadas as bases de reestruturación parcelaria, a dirección xeral competente en materia de desenvolvemento rural, por proposta do servizo provincial correspondente, aprobará un plan de obras que reflectirá todas as actuacións en infraestruturas rurais colectivas indispensables para a reestruturación parcelaria”.
Estarán incluídas no plan as obras de acondicionamento e mellora da estrutura dos novos predios a eliminación de accidentes naturais ou artificiais que impidan ou dificulten o cultivo acaído dos predios de substitución, o saneamento de terras, as nivelacións e outros traballos de conservación do solo e, en xeral, calquera actuación que mellore a viabilidade do predio para o seu cultivo.
“Fai máis de 10 anos que viñeron á escola de Vilamor recoller as demandas dos propietarios pero as obras de mellora non se produciron”.
A veciñanza demanda que se executen as obras pendentes
No ano 2012, fíxose un proxecto de acondicionamento de fincas porque o persoal técnico da Consellería considerou que era necesario e denuncian que aínda que moitos propietarios tiveron que acondicionar as novas parcelas de substitución pola súa conta, a día de hoxe 10 anos despois segue habendo explotacións agrarias prexudicadas por non poden facer uso debido das súas parcelas.
O BNG propón que sexa a consellería do Medio Rural a que revise o proxecto de acondicionamento do ano 2012 e ben de oficio ou a instancia dos novos propietarios execute as obras de acondicionamento pendentes que son necesarias para facer un bo uso das novas fincas resultantes do proceso de concentración parcelaria.
Esta mesma proposta xa fora levada a pleno nunha moción que presentara o BNG no concello no ano 2019 e que fora aprobada por unanimidade.
X. Luís Rivas, “Mini” lamenta o retraso deste proceso de concentración e critica que pasados máis de 30 anos a Xunta non fora capaz de entregar a concentración parcelaria nas debidas condicións e pregúntase se estas son as aldeas modelo que tanto pregoa o Partido Popular.
























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



