O rexedor de Burela aclarou esta polémica logo de recibir interpelacións pola retirada da embarcación de salvamento do peirao
Burela, 29 de xuño de 2022. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, sae ao paso das acusacións vertidas sobre o concello polo despezamento e retirada da embarcación Carmela do peirao burelés por razóns de seguridade. O rexedor aclarou como se produciu a situación desde que o barco de salvamento marítimo da Cruz Vermella se instalou no Porto de Burela e respondeu ante as afirmacións que responsabilizan ao Concello de non ter mediado para evitar este final.
A embarcación Carmela chegou ás costas de Burela tras unha solicitude por parte da Cruz Vermella a Portos de Galicia na que piden instalala no peirao, mantendo á marxe ao Concello. “Naquel momento, Portos e Cruz Vermella acordan as condicións sen contar en ningún momento co concello, e entre outras cousas, son os voluntarios da Cruz Vermella os que realizan as tarefas de mantemento”, explica Llano, facendo fincapé en que o concello “non se comprometeu con nada porque non o fixeron tampouco partícipe de ningún acordo”.
Co paso do tempo “deixouse de facer ese mantemento polo motivo que sexa”, de forma que estivo exposto “sen que ninguén tivese en conta que o tempo remataría por poñer a lancha nunha situación de deterioro moi difícil de salvar”. Chegados a este punto, Portos comunica a súa intención de desfacerse do barco cunha proposta de desguace e retirada a Cruz Vermella, “aproveitando a conxuntura para, agora si, involucrar ao concello nun asunto no que non se lle dera nin voz nin voto”, subliña o alcalde.
No momento no que se solicita a intermediación do ente local por parte de Cruz Vermella, “o barco xa estaba case desahuciado, pero aínda así solicitamos aos GALP un proxecto para tratar de recuperalo, cuestión que ten que pasar polos seus procesos e tempos e que era totalmente imposible para este ano”.
Alfredo Llano insistiu na premisa de que “o Concello non tiña vínculo de ningún tipo con esta cuestión, e que Portos tivo posibilidades de manter ben o barco, e non culpabilizarnos cando xa está practicamente sen solución”, engadindo que este comportamento “é un intento á desesperada de botar balóns fóra e eludir responsabilidades cando un asunto se pon feo”. “Agora todo o mundo sinala ao Concello, pero hai que explicar ben as cousas porque moitas das opinións parten dun descoñecemento da situación; non é que non queramos asumir responsabilidades, é que nunca se nos deron nin as tivemos”.
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



