Foz, 8 de xullo de 2022. A Policía Local de Foz controla a velocidade nas rúas este verán cun vehículo cedido pola DGT.
O alcalde, Fran Cajoto, explicou: “grazas á cesión da Dirección General de Tráfico contamos cun vehículo co que estamos a controlar a velocidade nas nosas rúas. O obxectivo non é sancionar senón calmar o tráfico e que precisamente nos momentos nos que xa contamos con gran afluencia de visitantes non se produzan riscos de atropelo e que o pobo funcione con normalidade. Por iso o vehículo é moi visible, o radar irá debidamente sinalizado e pedimos a maior das precaucións: coidadiño ao volante, especialmente en presenza ou en proximidade á parques e outras zonas onde os nenos poden estar xogando e correndo”.
O rexedor municipal engade que “precisamente agora, cando máis xente hai na vila, é cando temos que extremar as precaucións: non usar o móbil ao volante, ir coa vista pendente das nosas estradas,… Para gozar dun verán tranquilo debemos evitar sustos e así agradecerémolo todas e todos”.





















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



