O deputado autonómico e voceiro do Grupo Municipal Popular participou na recepción en Ribadeo aos peregrinos navegantes da VII Travesía O Camiño a vela
Ribadeo, 5 de xullo de 2022. “O Camiño a vela cada día que pasa está máis de moda. Hoxe chega a Ribadeo a VII Travesía O Camiño a vela con 30 embarcacións e máis de 100 peregrinos navegantes franceses e españois que foron recibidos no Real Club Náutico de Ribadeo” despois de partir de La Rochelle (Francia) o 24 de xuño e recalar en portos do País Vasco, Cantabria e Asturias, explicou Daniel Vega. Esta travesía rematará o 14 de xullo coa última etapa a pé dende o último porto ata Santiago de Compostela.
O deputado autonómico e voceiro do Grupo Municipal Popular achegouse a darlle a benvida a Galicia aos participantes desta travesía e agarda que, posteriormente, “falen ben de Ribadeo tanto nos lugares que visiten coma nos seus lugares de orixe”.
A recepción incluíu degustación de produtos locais, de proximidade, co obxectivo de poñer en valor “o noso. Tamén presumiremos da música local que correrá a cargo da compositora e cantautora ribadense Carme Rodríguez”.
Apoio ás iniciativas que beneficien a Ribadeo
Vega sinala que “o Camiño a vela é unha das formas de peregrinar máis antigas. Tendo en conta que aínda é descoñecido este tema, debemos impulsalo e traballar para que tamén o Camiño a vela sexa cada día máis coñecido”.
Nese sentido, convida a “aproveitar todos os recursos que ten Ribadeo que é porta de entrada a Galicia do Camiño Norte e tamén por mar. Hai que seguir traballando e apoiando as distintas iniciativas que beneficien ao noso pobo”.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



