Ribadeo, 26 de xullo de 2022. O salón de plenos do Concello acolleu a sinatura dos convenios das escolas de verán. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Juan Calvo-Sotelo, o secretario do Club de Piragüismo Altruán, José Ángel Fernández, o presidente de Hola Ola Surf Club, David Martínez, e o presidente da asociación de pesca deportiva Cormorán, Julián González. Xunto a eles estivo tamén o técnico municipal de Deportes, Iván López.
O rexedor declarou que “estamos neste acto de sinatura dos convenios das escolas deportivas de verán, nas que este ano participan uns 80 nenos e nenas, fundamentalmente de Ribadeo, nas especialidades de pesca deportiva, de piragüismo, de surf e de vela. É unha iniciativa coa que estamos moi agradados”.
Suárez Barcia subliñou que “desde o Concello de Ribadeo no mundo deportivo temos unha especial acción no inverno con todas as escolas deportivas, pero estamos potenciándoas tamén no verán, con estas especialidades que principalmente se fan durante xullo e agosto. A vela está tendo un rexurdir importante; pesca deportiva, que é a primeira vez que a temos, tamén conta cun número importante de nenos; e logo piragüismo e surf, que xa son máis estables ao longo do tempo e tamén teñen un boa resposta”.
O alcalde engadiu que “prestamos esta función social desde o Concello, coa axuda destas asociacións deportivas, e nosoutros queremos gratificarlles cunha achega económica”.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.


