Mondoñedo, 5 de xullo do 2022. Para o BNG o goberno popular non é capaz de resolver con axilidade o problema de retraso no remate das obras do ximnasio e pide que se busque en serio unha solución alternativa para que as actividades deportivas se poidan realizar co normalidade mentres as novas instalacións non estean en servizo.
O voceiro do BNG no concello, Eloi Cabanas, apunta que as obras de acondicionamento de locais como salas polivalentes para uso deportivo tiñan que estar rematadas xa no pasado mes de novembro e aínda que entenden que poden xurdir problemas que motiven o retraso da obra non é admisible acumular tantos meses de demora.
O BNG denuncia que esta situación provocou unha perda moi importante de socios e que xa se deron casos de usuarios que se marcharon para instalacións deportivas de concellos limítrofes.
Eloi Cabanas lamenta que un ximnasio que estaba funcionando con normalidade ofrecendo unha ampla variedade de actividades e que contaba co a redor de 120 socios se atope agora con nada máis que 7 usuarios realizando actividades en precario por varios locais do concello.
“O último exemplo da mala planificación do goberno foi esta semana ao teren que suspenderse as clases de Spining por coincidir no pavillón polideportivo coas actividades do Campus de Baloncesto que se celebra estes días en Mondoñedo”.
Desde o BNG apuntan que no pasado mes de febreiro logo de preguntar en pleno polas causas do retraso de finalización das obras o alcalde respondía que xa se solucionaran os problemas que motivaran o incumprimento das previsións iniciais de remate e posta en funcionamento das novas instalacións e que as obras restantes estaban a punto de iniciarse calculando que en vinte días máis ou menos estaría todo rematado. O BNG volveu a preguntar no pleno da semana pasada polo fallo nas previsións do goberno e desta vez a resposta foi que a obras estaban adxudicadas e que había dous meses de prazo para entregalas.
“Esperemos que este non sexa un episodio máis antes da entrega definitiva das obras xa que agora tamén esta pendente a instalación dun ascensor nas novas instalacións o que pode alongar aínda máis a posta en funcionamento do ximnasio”.
Por todos estos inconvintes o edil nacionalista esixe unha concreción fiable nos prazo de remate das obras para que os socios do ximnasio e máis o adxudicatario do servizo podan planificar as actividades con perspectiva de futuro e sen atrancos.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



