Foz, 13 de xullo de 2022. O Concello de Foz está levando a cabo un proxecto de dinamización turística e integración territorial que inclúe mapas guía das rutas de sendeirismo.
O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que se trata dun “proxecto de dinamización turística e integración territorial en aras de crear novas sinerxias espaciais que integren o litoral coas zonas de interior. Este proxecto queda enmarcado dentro da aposta incondicional polas novas tecnoloxías axuntado co desexo de xerar un coñecemento transversal e local de posta en valor dos activos rexionais. É unha visión cuxo obxectivo é fomentar a vertebración e cohesión do territorio favorecendo vectores de desenvolvemento locais. Dito vector de traballo derivou na creación dun meta-repositorio de recursos e activos turísticos ao obxecto de recompilar, almacenar, xestionar e elaborar material para a súa difusión local e nacional. Entre os produtos xerados cabe destacar mapas-guía de rutas locais; perfís nas plataformas principais do sector (Google Maps, Wikiloc e Avenza Maps); recursos multimedia en 360 graos e formatos de alta resolución (8k raw/50Mpx); transferencia e dixitalización da información dispoñible nos paneis informativos; localización e inventariado de elementos patrimoniais”.
Chema Linares engade que “o primeiro paso deste proxecto foi a dixitalización, deseño e cartografía das rutas de sendeirismo que temos en Foz: ruta da Frouxeira e Cornería, ruta das praias, sendeiro azul, a do río Ouro, Paseo de Malates, o camiño natural do Cantábrico e o de San Rosendo”.
A empresa mapsforexplorers foi a encargada de realizar o traballo de cartografía, deseño e dixitalización de toda a información relativa ás rutas de sendeirismo. Estas foron deseñadas “co obxecto de poñer en alza a gran diversidade de recursos históricos, sociais, culturais e paisaxísticos do concello, imbricando fitos xeográficos, históricos e etnográficos. No relativo ao deseño das mesmas tívose en especial consideración a creación de rutas específicas para cada perfil de usuario favorecendo a diversidade en variables tales como esforzo, accesibilidade ou dificultade técnica”, especifica o edil de Turismo, quen tamén indica que “en primeiro lugar redefiníronse algunhas das rutas, por exemplo a das praias, de tal forma que onde antes cruzábamos a estrada nacional agora pásase a través dun túnel por debaixo da mesma ao rematar o paseo de Arealonga”.
Chema Linares engade que “en segundo lugar realizouse un mapa con todas as rutas existentes identificadas por cores e reflectindo os tramos compartidos, os recursos turísticos, puntos de interese, lugares destacados e distancia ao punto de destino. Aquelas rutas coincidentes en tramo identifícanse por letras da cor da ruta. É un deseño moi intuitivo que permite identificar e interpretar a ruta con facilidade, discriminando aquelas que non nos interesen mediante ocultación. Este traballo de dixitalización vainos permitir manexar e xestionar toda esa información actualizando ou mellorando a mesma se as circunstancias das rutas cambian. Pode modificarse unha ruta ou que aparezan novos recursos turísticos ou lugares de interese que sexa necesario reflectir, un exemplo é o novo miradoiro de Tamaniña, entre Rapadoira e Llas. que se incorporou a esta dixitalización”.
A descrición das rutas está en tres idiomas: galego, castelán e inglés. Pódese incorporar material fotográfico de cada unha delas. Toda esta información trasládase ás diferentes plataformas do sector, como Wikiloc, Google Maps e Avenza Maps, onde se pode seguir a ruta elixida e ver os recursos existentes.
Para rematar o concelleiro de Turismo destaca “a importancia deste traballo, que nos vai permitir ter esta información dispoñible na páxina web, elaborar folletos das distintas rutas en papel impreso ou o traslado a diferentes paneis informativos”.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



