No comezo da XXXVI Feira do Bonito celebrouse a recepción por parte do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e concelleiros de goberno, do rexedor de Tarifa, Francisco Ruíz Giráldez, que se desprazou á localidade acompañado da edil de Turismo, Lucía Trujillo. Visitaron as distintas zonas habilitadas para a feira, facendo unha parada no Barco Museo “Reina del Carmen”, onde puxeron en común a importancia do sector pesqueiro e as xentes do mar no desenvolvemento de ámbolos dous municipios, unha vinculación norte-sur que pretenderá extenderse a outros proxectos no futuro.
O alcalde de Burela recibiu ao rexedor de Tarifa no comezo da XXXVI Feira do Bonito
O alcalde de Burela recibiu ao rexedor de Tarifa no comezo da XXXVI Feira do Bonito
Relacionado
-
Presentado este mércores o cartaz da XVI Foliada da Mariña que organiza a AC Saíñas de Xove e que vai ter lugar este sábado, 14 de setembro, na praza do Concello a partir das 20 horas
-
A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de Dia de Foz, co ánimo de tentar desatascar a situación de bloqueo en que se atopa o proceso de adxudicación do contrato, o pasado luns, dia 9 de Setiembre, rexistrou no Concello unha solicitude de reunión
-
O PP subliña que “o goberno bipartito non está preparado para a xestión dun Concello coma Burela á vista das numerosas chapuzas nas obras deste verán”