‘Cantos economistas de Chicago fan falta para cambiar unha lámpada?
Ningún. Se a lámpada necesitara ser cambiada, o mercado xa o tería feito!’
O chiste, tomado dunha obra de Raj Patel que o presenta como algo de coñecemento común entre os economistas de hai uns 15 anos nos EEUU, pode ilustrar -e de feito, úsase para iso- a crenza da existencia dun mercado omnipotente e omnisciente entre os economistas neoliberais, en particular os chamados ‘Chicago boys’. Nese conto do super-mercado, o coñecemento total e o poder total virían dados da asunción de que o prezo dun ben, establecido de xeito libre, tería integrados xa en si todos os datos económicos actuais e previstos como futuros, condicionantes únicos, eles mesmos, dese prezo.
Como información complementaria para o caso, a mesma persoa que enunciou esa hipótese, a ‘hipótese dos mercados eficientes’, Eugene Fama, escribiu despois sobre a irrealidade de asumir a hipótese sen máis. A máis doutros moitos. Pero o mal estaba feito, e intereses de diversos tipos teñen mantido a vixencia da núa hipótese dentro das ideas vixentes sobre economía ata hoxe, dende un punto de partida no que se lle considerou unha simplificación milagreira das ideas económicas, en parte unha revolución / contrarrevolución ante o marxismo.
Ese conto económico, reflectido no chiste, daría como resultado uns mercados que non necesitan nin economistas para funcionar, é dicir, que non necesitan ‘nada’ externo ó propio mercado, e polo tanto, o que nos digan os propios economistas sobre o mercado estaría de máis: o mercado sabería máis ca eles, sempre lles levaría avantaxe (e iso parece verse corroborado pola historia!). Mais os economistas seguen a falar, mesmo os que defenden a hipótese, que serían os que, en base ás súas propias ideas, máis constrinxida verían a súa capacidade de pontificar.
E o resto da xente? Pois todos, incluídos os economistas, seriamos suxeitos prescindibles para o mercado unha vez establecido o sistema, ‘sistema de mercado’, non contaríamos (excepto como medio, autómatas en función do consumo, da inversión ou de traballo).
Non estou a dicir nada novo, mais tamén sei que hai cousas que necesitan ser repetidas unha e outra vez se se pretende que a realidade non quede afogada nunha rede de silencios, nesgos, mentiras interesadas e inflación de información irrelevante co fin de manter (e desequilibrar máis, a ser posible) unhas determinadas relacións de poder.
Así pois, a outro lugar con ese conto!
Por certo, non se trata de cambiar un conto por outro, por exemplo, argumentando e contando que ‘todo vai mellor se é regulado’ (conto no que podemos entrar outro día) senón en deixarnos de contos e falar do noso futuro e presente común e en común, algo nada doado no sistema actual. Máis aínda se se quere acordar algo e poder aplicar o acordado. Complicado, mais para chegar hai que comezar por algures…
Unha nota final: por suposto, folga dicir -xa o apuntei antes- que hai xente que mantén a validez da hipótese nunha ou outra das variantes nas que se expón (ou en todas).


















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



