Todos aqueles interesados poderán informarse e/ou formalizar a matrícula previa cita nos teléfonos 677838812-607423721. Impártense clases para nenos a partir dos catro anos, e agrupados segundo as súas idades nos niveis de aprendizaxe de música e movemento, formación básica, linguaxe musical, análise musical, formación de adultos, etc. Conta con diferentes especialidades instrumentais coma corda fretada, corda punteada, vento madeira, vento metal, percusión, piano e canto, así como tamén diferentes agrupacións coma a aula de coro, banda, orquestra e aula de música moderna e jazz. Os horarios para o vindeiro curso están a disposición dos usuarios nas instalacións da Escola de Música.
A Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo xa ten aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2022-23
A Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo xa ten aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2022-23
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebrou esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo