Ribadeo, 20 de setembro de 2022. Ata o 30 de setembro estará aberto o prazo de matrículas nas escolas deportivas de inverno, que organiza o Concello de Ribadeo. Vanse impartir once modalidades.
A concelleira Mónica Freire explica que “outro ano máis vimos de abrir o prazo de matrícula das escolas deportivas desde onte, luns, e ata o día 30 deste mes. O inicio das actividades da comezo entre esta semana e o 14 de outubro. E o fin das escolas está programado entre o 19 de maio e o 14 de xuño”.
A edil ribadense sinala que “este ano son once as modalidades deportivas ofertadas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hóckei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, ximnasia rítmica e tenis de mesa. As escolas deportivas de inverno están destinadas a nenas e nenos nados desde 2009 a 2018, ambos incluídos. Nas que teñen límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o 3 de outubro, tendo preferencia as/os empadroadas/os ou escolarizadas/os en Ribadeo”. A cota por escola deportiva será de 60 euros.
Freire Rancaño anima “ás nenas e aos nenos de Ribadeo a participar nas escolas deportivas de inverno. O deporte é saúde, é esforzo, é constancia, é disciplina, é traballo en equipo en moitos casos e de xeito individual noutros. Hai once modalidades para poder escoller a que máis lles guste”.
No acto de presentación da escolas deportivas de inverno participaron o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira Mónica Freire e o técnico municipal de Deportes, Iván López.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.


