O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e a concelleira Pilar Otero clausuraron as actividades tras dúas mesas redondas nas que participaron José de Cora, Pilar Falcón, Lois Celeiro, Xosé María García Palmeiro, Esther Eiros, María José Bravo Bosch, Laurie Dennet, Estíbaliz Veiga e Eduardo López Pereira
Ribadeo. Domingo, 18 de setembro do 2022. Unha conferencia, dúas mesas redondas e unha actuación musical puxeron hoxe o punto final en Ribadeo ás XVII Xornadas “Mar por Medio. O Camiño do Século XXI”, organizadas pola Academia Xacobea coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo, o Concello de Ribadeo e a Universidade de Santiago de Compostela. Atrás quedou un amplo programa de actividades que reuniu nesta localidade da Mariña lucense a unha trintena de especialistas de ámbitos tan diversos como a universidade, a medicina, o xornalismo, a educación ou a literatura, e que permitiron ao case centenar de participantes rexistrados abordar o fenómeno do Camiño de Santiago desde ópticas diversas, desde a perspectiva máis xeral e universal á visión máis próxima e local.
As actividades do terceiro e último día arrincaron, precisamente, co gran artífice de que estas Xornadas Mar por Medio comezarán a súa andaina hai xa tres décadas convertendo Ribadeo nun punto de referencia para o estudo da cultura galega e nunha ponte de unión entre esta terra e o Reino Unido. John Rutherford, fundador do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Oxford e profesor emérito do Queen’s College desa mesma institución, pronunciou no auditorio Hernán Naval unha conferencia na que partindo da súa novela “As frechas de ouro” lembrou algunhas das súas experiencias como peregrino no Camiño, que cualificou como “unha das vivencias máis profundas, máis complexas e máis importantes da miña vida”. Rutherford explicou que “atopei algo precioso que non buscaba, a conciencia de que nunca vou atopar o que busco, porque toda meta digna é por iso inalcanzable… Buscando non vou atopar máis nin menos que o gozo de buscar”. O humor e a
comicidade marcaron tamén a súa intervención: “Como amosa o pensador galego Celestino Fernández de la Vega, humor significa sorrir pensativamente perante os pequenos e grandes misterios da vida humana, mentres que comicidade significa rirse de eles”, detallou.
Tras a intervención de Rutherford, a profesora de Dereito Romano da Universidade de Vigo María José Bravo Bosch; a expresidenta da Confraternity of Saint James de Londres, Laurie Dennet; e a actriz, presentadora e articulista Estíbaliz Veiga participaron nunha mesa redonda moderada polo catedrático e académico Eduardo López Pereira e dedicada ao papel da muller no Camiño de Santiago. Despois foi a quenda de analizar como está a ser abordada a cuestión do Camiño nos medios de comunicación e que papel poden xogar estes para contribuír á súa promoción, pero tamén á súa preservación. Diso ocupáronse o xornalista e escritor José de Cora Paradela, a doutora en Dereito á Información, escritora e presidenta da Asociación de Xornalistas Galegos en Madrid, Pilar Falcón; o presidente da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago (Apecsa), Xosé María García Palmeiro, e o vicepresidente de Apecsa, Lois Celeiro. A xornalista e directora do programa radiofónico Xente Viaxeira, Esther Eiros, exerceu de moderadora.
O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e a concelleira de Cultura e Comercio de Ribadeo, Pilar Otero Cabarcos, procederon a continuación a clausurar da forma oficial as XVII Xornadas Mar por Medio. Pilar Otero fíxoo agradecendo o traballo de organización desenvolto pola Academia Xacobea e explicando que para a localidade supón un gran orgullo acoller de novo estas xornadas. Pola súa banda, Xesús Palmou agradeceu a colaboración tanto do Concello de Ribadeo, como da Deputación de Lugo, a Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia, para facer posible a celebración deste encontro e referiuse tamén a dúas persoas de Ribadeo “que se envorcaron desde o minuto 1: Manuel Valín e Daniel Veiga”.
Para terminar, do mesmo xeito que nas dúas xornadas precedentes, os participantes puideron gozar dunha actuación musical. Esta vez foi a soprano Rocío García Arias, acompañada ao piano por Guillermo Cruzado Martín, a encargada de facer vibrar ao público reunido no auditorio municipal de Ribadeo
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



