Lugo, 21 de setembro, 2026. A Deputación aclara que informou ás familias sobre a actualización dos prezos da residencia de Ribadeo. Os novos prezos públicos estiveron expostos no taboleiro de anuncios do Centro de Atención a Persoas Maiores (CAM) de Ribadeo e, ademais, as familias recibiron información de forma individualizada.
A residencia de Ribadeo dispón de 48 prazas ocupadas. Antes da actualización de prezos estaban ocupadas 46 e neste momento están cubertas todas as prazas.
Antes de que se aplicara a actualización de prezos, a dirección do centro contactou coas 21 familias que se viron máis afectadas, xa que no resto dos casos os prezos que pagan non sufriron cambios ou foron pouco significativos.
As familias foron recibidas o 8 de xuño no centro por dous técnicos da Deputación, que lles explicaron os pormenores da actualización dos prezos e resolvéronlles todas as dúbidas. Acudiron 19 familias e todas foron atendidas de forma individual. As que non puideron acudir ao centro foron atendidas por teléfono, ao igual que outras familias que nalgún momento pediron información.
Ao igual que no resto de residencias da Deputación, ningunha persoa paga más de 2.200 euros ao mes, agás aquelas que piden habitación individual sen ter dereito a ela por indicación terapéutica. Incluso as persoas sen renda son atendidas na rede provincial de residencias, como xa sucedeu nalgunha ocasión.
NINGUÉN PAGA MÁIS DO QUE PODE PAGAR
O prezo calcúlase en función da pensión da persoa usuaria, dos recursos líquidos (aforros e outros ingresos, como alugueres, xa que outro patrimonio, como propiedades inmobiliarias ou fincas apenas contabiliza) e da axuda económica que reciben as persoas que teñen asignado recurso da Lei de Dependencia, que pode ser de máis de 840 euros ao mes.
Nos centros da Deputación, o estado de saúde das persoas usuarias valórase antes de acceder á residencia; pasadas varias semanas nela; na medida do posible, casa seis meses, e como mínimo, unha vez ao ano. En termos económicos, esa valoración permite determinar se a persoa usuaria é autónoma ou dependente.
TRAS OITO ANOS SEN CAMBIOS, UNHA PERSOA DEPENDENTE PAGA DE MEDIA 1.726 EUROS AO MES
Os prezos das residencias da Deputación levaban oito anos sen modificarse. O prezo máximo dunha praza para unha persoa autónoma pasou de 1.080 a 1.750 e o dunha persoa dependente, de 1.390 a 2.200 euros. Hai que ter en conta que estes son prezos máximos. A gran maioría das usuarias non chega a eses topes. Neste momento, as persoas dependentes están pagando de media 1.726,37 euros ao mes e as autónomas, 1.418,85 euros.
O CUSTO DA RESIDENCIA DE RIBADEO
A residencia de Ribadeo foi construída pola Deputación de Lugo, que ademais acabou asumindo os 500.000 euros que comprometera a Xunta e que finalmente non aportou. A Deputación puxo 2.328.000 euros, o Concello contribuíu con 364.771 euros.
No período 2019-2025, a Deputación investiu 1.798.440 euros (o 74,71%) na xestión do centro e o Concello puxo 608.792 euros.
Ata o día de hoxe, a contribución da Xunta á construcción e a xestión do centro foi de 6.479,42 euros, procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia postpandemia, financiado pola Unión Europea.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



