Viveiro, 16 de setembro de 2022. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, asinou hoxe, acompañada da concelleira de Servizos Sociais, Victoria Baamonde, un convenio de subvención nominativa co presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, José Amador.
O convenio, por importe de 15.000 euros, ten como obxectivo colaborar con esta entidade, que vén prestando asistencia aos usuarios para mellorar a súa calidade de vida, prestando, así mesmo, apoio aos seus familiares e realizando campañas informativas e actividades destinadas a dar visibilidade a esta doenza.
O Concello de Viveiro continúa mantendo o seu compromiso e colaboración con esta asociación, coa que se vén traballando dende hai moito tempo, conscientes da súa importante e necesaria labor. No marco desta estreita colaboración cómpre lembrar que o concello cedeu a AFA Viveiro a Casa de Calvo Sotelo para que poidan dispoñer dun local máis amplo, que servirá para unha mellor prestación do servizo ou a colaboración das merendas.
Tendo en conta que o 21 de setembro se celebra o Día Mundial do Alzheimer, dende o Concello de Viveiro quérese aproveitar a ocasión “para manifestar o noso apoio e a nosa solidariedade aos afectados; consideramos que o alzheimer é un problema socio-sanitario de primeira magnitude, unha enfermidade especialmente dura, triste e cruel cuxa dependencia afecta non só á ao enfermo, senón tamén á súa familia”, afirma Loureiro.
Con motivo desta data, na noite do luns 21 ao martes 22 de setembro, a Porta de Carlos V iluminarase de cor verde como mostra de apoio e solidariedade con todos os afectados e as súas familias.
“Quero aproveitar a ocasión para agradecer publicamente á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Viveiro polo seu traballo, compromiso e dedicación, polos esforzos realizados para mellorar a calidade de vida dos viveirenses afectados por esta doenza e das súas familias, prestando asistencia psicolóxica e ofrecendo servizos e apoio e respiro familiar”, engade a alcaldesa.
O convenio asinado hoxe forma parte do traballo realizado no ámbito dos servizos sociais e da implicación coa xente maior, destacando que unha das partida máis grandes dos orzamentos municipais están destinadas á área de servizos sociais. Neste sentido cabe lembrar que dentro dos programas prestados en Servizos Sociais con especial atención aos coidados da xente maior, destacan:
– Servizo de Axuda no Fogar.
– Programa de Xantar na Casa, que facilita unha alimentación saudable e equilibrada a aquelas colectivos de persoas maiores e persoas en situación de dependencia, mellorando a súa calidade de vida e a autonomía dos seus usuarios.
– Servizo de Teleasistencia Domiciliaria, a través da Dependencia da Xunta de Galicia ou a través da Deputación de Lugo, sendo neste último caso un servizo gratuíto. Este é un servizo, dirixido a persoas maiores que viven soas, que lles permite pedir axuda en caso de urxencia, dende o propio domicilio. Este servizo é unha prestación que garante atención as 24 horas do día e os 365 días do ano, favorecendo a permanencia e a integración no entorno familiar e social das persoas usuarias do mesmo.
– En Voluntariado Social, un programa de acompañamento social para todas aquelas persoas que necesiten nun momento dado que se lles acompañe para realizar unha xestión, a citas médicas, etc. cano carezan dunha rede de apoio social.
– Préstamo de camas articuladas.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



